![]() | SAN FROILÁN (Xulio Xiz) ¿QUEN ES, FROILÁN? Ó lado da Capela do Carme, na capital lucense, na década dos oitenta, a Escola-Obradoiro do Concello de Lugo colocou un monolito coa lenda: “NESTE LUGAR, CHAMADO REGUEIRO DOS HORTOS, NACEU NO ANO 833 O PATRÓN DE LUGO, SAN FROILÁN. Un báculo e un lobo son os elementos que completan esta lembranza ó padroeiro lucense instalada nun pequeno xardín que da á Rúa do Carme, e ven quedar prácticamente frente da porta máis antiga da muralla lucense: a Porta Miñá. Un itinerario lucense en lembranza de Froilán podería comezar por visitar este monolito, para a continuación acudir á Catedral Basílica onde na súa fachada principal se observan dúas estátuas colocadas en cadanseu oco nos corpos das torres laterais. Na torre da dereita, a estatua do que se coida foi o primeiro bispo de Lugo, San Capitón ou san Cápito. Non existe a seguridade de que houbera algunha vez un Bispo de Lugo con este nome, pero a tradición así o quere, e ahí está a súa imaxe en lugar de honra do noso primeiro templo. Na da esquerda, San Froilán. Representado nunha estatua de pedra. Leva báculo bispal de metal, e ó lado un lobo cunha alforxa. O seu semblante na distancia -queda aló no alto- semella tristeiro. Situado diante da imaxe de Froilán, padroeiro lucense e leonés, xorde a pregunta, máis de mil anos despois da súa existencia. Quen es, Froilán?. Es realidade ou lenda?. Viviches nesta mesma terra que nós pisamos, ou fuches creación dos devanceiros que precisaban puntos de referencia para camiñar con soltura polos vieiros da vida.? Ben pensado, non me houbese importado que foses lenda, porque os pobos, coa súa sabedoría sen límites, a súa infatigable labor de creación, forxan mitos tan firmes como a mellor realidade. Pero non fuches, non, unha invención, senón un ser de carne e oso. Un home especial, ¡eso sí!, que conquistou ós seus contemporáneos e ás xeracións que os seguiron. E mesmo hoxe conquistas coa túa historia-lenda a cantos se achegan a ti, aínda que só sexa en plan de festa. Digo historia-lenda conscientemente, porque ainda que fuches realidade, santa realidade, moito da túa vida pérdese na lenda, e os pescudadores do teu vivir camiñan -déixanse ir- polo gratificante mundo da ilusión. Mil anos despois, é imposible achegármonos a ti de xeito directo. Pero sí é posible camiñar sobre as túas pegadas. Reflectir que se sabe -que sabemos - do teu paso pola vida. Os teus biógrafos non o tiveron nada doado. Ata pasado o promedio do século XVII non había máis noticias que os antigos Breviarios onde sacar noticias fidedignas sobre o Santo lugués. As catedrais de León, Lugo, Palencia, Zamora, Burgos, Santiago e a Orde cisterciense tiñan Leccionarios co Oficio propio de san Froilán. A súa antiguedade é moi grande, segundo da mesma letra se deduce. No século XIII copiouse o de Lugo, que no seu arquivo catedral se garda, e antiquísimo é o de Leon. Pode dicirse que reproducen as loubanzas litúrxicas que se lle tributaban no mesmo siglo en que cambiou esta vida pola da groria.(5) Nas páxinas que seguen pretendo explicar friamente -se é posible abordar friamente a vida de Froilán- o que se sabe e o que se elucubrou, da historia-lenda do Santo Froilán. Quede constancia, agora no comezo, que tentei recopilar o máis sobranceiro do que se dixo sobre o noso santo, enlazando cando é posible entre sí as diversas opinións, para dar unha visión de conxunto do impacto deste lucense-leonés de hai máis de mil anos, que se nos presenta actualísimo, amigo, irmán, e do que sen embargo tan só sabemos por lonxanas, garimosas e case míticas referencias. Un experto atoparía nos textos que seguen material para un estudio meticuúloso; amplísima materia para como cun bisturí diseccionar a posible realidade do mito ou lenda. Pero eu non son un experto senón un ademirador de Froilán, como a inmensa maioría dos estudiosos que investigaron, especularon, coñeceron ou inventaron, para explicar o especial engado do noso santo. Sobre todo o de que Froilán chega a nós, a este tempo noso, saque cada quen a súa conclusión. Obteña cada quen a imaxe de Froilán (santo), que mellor acomode ó seu sentir. Porque se Froilán, coa súa vida e o seu exemplo, provocou excesos e desatinos, Quen son eu para menospreciar tradicións ou elucubracións por fantásticas que parezan?. Ilusionou a tanta xente no decurso do tempo, que lóxico é reflectir o resultado desa ilusión. Deixémonos ir, pois, cos ilusionados, cos engaiolados por Froilán, polo camiño da ilusión, que dura xa mil anos. XOAN DIÁCONO Gracias a Xoan Diácono sabemos moito, case todo o que temos, sobre San Froilán. E todo porque lle deu por escribir nun vello libro da catedral de Leon a súa historia. Desa fonte bebemos todos, e a ela hai que acudir para saber algo da vida de Froilán. Este valiosísimo documento estivo moito tempo descoñecido. Pero, ó fin, coñecido e recoñecido, é pedra vital da lembranza de Froilán, bispo Santo, Señor da Terra Lucense. Esta biografía de San Froilán Aaparece na Biblia Gótica da catedral de León, acabada de escribir o ano 920. Atribúese ó escritor deste códice, Xoan Diácono, que a insertaría despois desa data, digamos hacia 930. Non está de todo completa, por falla de espacio, pero aparece por enteiro noutro códice da mesma catedral, nun Leccionario litúrxico do século XII. (6) Iníciase coas palabras De ortodoxo viro froiane legionense episcopo, e está escrita nos espacios libres do folio 101 entre os libros de Job e Tobías.../...Está redactada nun bo latín e permaneceu descoñecida ata finais do século XVIII en que os frades benedictinos Domingo Ibarreta e Pablo Rodríguez, nunha consulta rutinaria do Arquivo da Catedral de León, atoparon esta grata sorpresa, que veu traer nova luz sobre a vida do noso santo e disipar moitos erros que se tiñan verquido ó historialo, principalmente por confundilo e atribuirlle a vida de outro bispo posterior, coñecido co nome de Froilán II, que comezou a rexi-la diócese lexionense o ano 990 e morreu no ano 1006, polo que se lle convertía en máis que centenario. (7) Xoan fora axudante de Froilán no mosteiro de Tábara, e con el foi para León para fundar - con outros amanuenses- un scriptorium, do que saíron códices con fermosos debuxos e primorosas letras. Entre os moitos traballos ós que se dedicou, o que o fixo pasar á posteridade foi a Biblia Gótica Legionense, por el copiada o ano 920. Non só pola fermosura da obra senón porque nela, en tres columnas en branco, escribiu a vida do Bispo Froilán, polo que evidenciou unha grande devoción. O escrito de Xoan dí así: “Houbo un varón de vida venerable. Froilán, bispo, nado nos arrabaldes de Lugo, en Galicia. Desde a infancia foi educado nas santas disciplinas. Temeroso de Deus, e apartándose do mal, elevaba o seu corazón sempre ó alto, para poder mellor contemplar ó Señor. A cotío examináúbase das súas miserias, para que o extraordinario da súa santidade non o arruinara precipitadamente. Cheo de fe e de boas obras, ía subindo de virtude en virtude, como bo negociante, co tesouro do Señor no seu corazón. Sendo de 18 anos, empezou a sentir ansias de soedade, coidando, para sí, se lle sería lícito adicarse ó oficio da predicación, para ensinar; ou se podería escoller unha vida de ermitaño Sentíndose, por unha parte, vaso de elección, predestinado a iluminar a moitas xentes, e por outra con animo para vivir sempre contemplando a Deus, meteu na súa boca carbóns acesos para probar se lle queimaban que era vontade de Deus que non se adicase á predicación; e , se saía ileso da proba, que era sinal de Deus que os seus labios debían anunciar ós pobos a mensaxe divina. Por gracia de Deus, e en premio á súa piedade, de tal xeito salíu ileso, que nin siquera sentiu o calor do lume. Por elo xulgou como vaticinio para sí aquela sentencia do profeta: “As palabras do Señor son palabras castas, purgadas polo lume, como a prata, sete veces. Este primeiro miragre realizouno o Señor para que o seu servo empezase seguro o oficio de predicador. Non moito despois, indo de viaxe, á caída do sol, ó final do día, nas tebras da noite, deitado, en oración, viu, no medio dun esplendor refulxente de claridade a pesar da noite, dúas pombas que competían en voar cara el, unha de cor vermella e outra de cor branca coma a neve. Sen tempo para reaccionar da súa sorpresa, metéronselle na súa boca. E unha produciulle sensación de calor; e a outra, sensación de mel. Quen non deduce que con tal visión quedou cheo do Espíritu Santo”. Desde entón, é dificil describir as maravillosas palabras que saíron da súa boca para ensinar ás xentes. A lengua humana non puidera de ningunha maneira pronunciar unhas palabras tan doces, tan suaves e, ó mesmo tempo, tan elocuentes. Non houbo ninguén que, oída a súa predicación, ó instante non se convertise ó Señor, deixando as súas ideas e costumes mundanas. Aínda que recorría as cidades predicando incesantemente a palabra de Deus, tiña sempre a alma elevada ó Señor, fuxía das prazas públicas, buscaba lugares inaccesibles, desertos, e despreciaba os favores e loubanzas humanas. Esto explica a súa afición ás rochas escarpadas e ós collados impenetrables que atopaba, ninguén sabe como, para retirarse de cando en vez e aillarse do mundanal ruído. Nesta soedade tivo como colega a San Atilano, con quen pasaba as horas meditando na Sagrada escritura. Desde este ermo foise á falda do monte Cucurrino e alí construíu co seu colega unha cela para vivir. E, como unha cidade posta no alto dun monte non se pode ocultar, extendeuse axiña a sona da súa vida por toda a provincia. Con frecuencia ó seu arredor reuníase xente de ámbolos dous sexos, magnates, pontífices, clero e pobo de todas clases, que temían a Deus. Buscábaúno para escoita-la mensaxe divina. Despois de iluminar a todos coa luz verdadeira, Froilán fortemente coaccioúnado pola multitude do pobo crente no Se–or, que lle pedía que baixara á planicie da cidade de Veseo e que edificara alí un cenobio, en onde se alimentaúra á moitedume con alimentos espirituais, coa gracia de Deus edificou un mosteiro con 300 celas para 300 frades que congregou para loubanza do nome de Deus. Con esto demostrou posuir moitas virtudes. A sona desas virtudes chegou a toda España. Ainda que tarde, tamén chegou ós oidos do rei Alfonso que gobernaba desde Oviedo o Reino dos godos. Este enviou nuncios a Froilán, pregándolle que se presentara no seu palacio. Profundamente ademirado diante dun home adornado con tanta santidade, tan cheo do Espírito Santo e da divina gracia, entonou loubanzas ó Se–or por ter un servo tan apto para dirixi-las almas dos crentes. Enriqueceuno; colmouno de honras; e deulle facultade para recorre-los seus reinos na percura de lugares aptos e xeitosos para construir mosteiros que congregasen baixo unha santa regla de disciplina ás turbas populares. Entón edificou o mosteiro de Tábara, onde congregou seiscentos servidores de Deus, de ambolos dous sexos. Logo buscou outro sitio, perto do rio Esla, en lugar alto, onde construíu outro mosteiro, ó que levou, e constituiu baixo unha disciplina regular, a 200 frades. Estando o rei ademirado de como medraba a gracia de Deus no seu servo, empezou a oirse o clamor do pobo que pedía a Froilán para bispo de León, a nosa cidade. O Rei aledouse ó oílo, porque facía moito tempo que vi–a traballando con el para que recibira a dignidade sacerdotal e non o ti–a conseguido. Constre–ido e coaccionado polo Rei, Froilán defendeuse insultándoo con palabras duras e resaltando a súa indignidade; para o que asegurou que era un mal frade e que mesmo ti–a fillos. Por fin, á forza, deixouse ordenar para a sede de León e Atilano para a de Zamora. Recibiron os dous, xuntamente, o sacerdocio pleno, o día de Pentecosútés. Dúas lucernas postas sobre candelabros, alumaron tódolos lindeiros de Espa–a, predicando a palabra divina. Desde entón, medrou moito a santidade e gracia dos dous para ensinar a todos: frades, cregos e laicos. Este varón de Deus, cheo do Espíritu Santo... Ata aquí, o que Xoan Diácono escribiu no libro. E que serviu de fonte para tódolos que vi–eron despois: Pelayo de Oviedo, o Tudense, o Toledano... Tamén os breviarios se inspiraron nel: O Breviario Gótico de León, o de Palencia, Santiago, Lugo, Burgos... Para algúns autores, esta inclusión de Xoán Diácono, pola letra que semella de caracteres máis tardíos- sería posterior á data que se supón, polo que resultaría ser de autor anónimo. Julio Prado indica que polos copistas era corrente deixar páxinas en blanco nas Biblias para comentarios ó texto. O Diácono Xoan aproveitou o espacio - algúns falan de “travesura”- pero non lle chegou de todo. O texto completo - exacta transcrición e continuación- aparece nun breviario posterior. “Vese que o que deixou de escribir fíxoo noutro que se perdeu, pero houbo un copista que o fixo enteiro nun Breviario. Este breviario, ademáis do xa indicado, prosigue a historia ata o final e conclúe así: vixit annos 73; 5 ex eis Episcopale gessit officium. Obiiet era 943". De onde se colixe, segundo Risco, que Aestas leccións copiáronse do orixinal gótico no que a historia do Santo estaba rematada, e que alomenos debía ser tan antigo como o fragmento da Biblia”. E decíndose alí que san Froilán foi cinco anos bispo e morreu na era de 943, ou sexa no ano 905, claro está que é distinto do bispo Froilán, que foi 9 anos, e morreu un século máis tarde”. (5) O NOME: FROILÁN Querendo saber de Froilán, o primeiro a ter en conta podería ser o nome, o que este nome parece significar: Se–or. En "1.000 nomes galegos", aparece Froilán como un termo xermánico, que ven significar "Terra do Se–or", mentras que no "Libro de los Santos" de Andrés Pardo e José Angulo, atribúeúselle o significado de "Se–orito". Por fin, no "Diccionario de nomes galegos" dirixido por Xesús Ferro Ruibal, indícase que se trata dun nome xermánico, formado por "Frauji" (Se–or) e "Land" (terra ou patria). Terra do Se–or, ou Se–or da Terra. No caso do Froilán de Lugo poderíase calificar -en versión ben libre- como o "Se–or da Terra Lucense". "En autores e documentos antigos escríbese o seu nome como Froila, Froilano, Fruela, Froyán, Froilavino, Froilo, Florán, Floreán e Florián: o autor da Hispana Ilustrata chámalle Fruyan. O uso fixo que o y grego se cambiase por i latino. Na nosa historia, ós Reis, príncipes e nobles que como o padroeiro de Lugo ti1?2an por nome Froylanus dáselles en romance o nome de Fruela” (5). E aínda atopamos como sinónimos Froilla, Froia, Froyan, Froiano, Froilaúrius, Froilatius, Floriano... E, en feminino: Froileuva e Froilana. Polo visto, era o nome de Froilán bastante común no seu tempo. "Un fillo de Alfonso III, rei no tempo no que foi elixido bispo San Froilán, chamábase Froilán tamén, e ocupou o trono á morte do seu irmán don García. Era nome moi común, pois tanto se daba en nobles como plebeios.../... Tamén lembramos ter visto o nome de Froilán aplicado a territorios e térmos. En documento do Rei Alfonso o Casto, do ano 832, menciónase entre as provincias que antes pertenceron á igrexa de Santa María de Lugo, e a cambio de riquísimas doazóns rexias se transferiron enton á de San Salvador de Oviedo, a de Froylani; e noutra carta de doazón do mesmo rei á expresada igrexa lucense, en 841, enuméranse os mui–os in arroyo Lusinis, Froylani vocitatum". (5) Na actualidade, unha parroquia do concello lucense de Sarria leva o nome de "Froián". En Lugo, o nome de Froilán non é hoxe moi usual. O máis destacado do que hai lembranza en Lugo foi Froilán López e López, nado o ano 1900, que foi crego e profesor de latíns no Instituto Masculino de Lugo, ademáis de Director deste Centro. O máis famoso Froilán da actualidade é, sen dúbida, Felipe Juan Froilán de Todos los Santos, fillo dos Duques de Lugo, que ven sendo coñecido polo seu terceiro nome, e que establece un especial vencello entre esta parella da Familia Real coa capital lucense. Sen dúbida, o nome foi - é - toda unha deferencia tida connosco, os lucenses. Curioso resulta o feito, parece ser que derivado da sona do pequeno Froilán, de que na Catedral lucense se aprecia un aumento na devoción ó santo, contando a súa capela cun maior número de visitantes. Diante deso, ata se ten aumentado a iluminación para mellor poder renderlle culto. En León, o nome de Froilán é bastante corrente, habendo toda unha tradición de bautizar nenos co nome do padroeiro da Diócese e da Cidade. AS DATAS No que case tódolos autores ve–en estar máis ou menos de acordo é que Froilán naceu en Lugo o ano 833/832 e morreu en Leon no 905 (Fr. Gumersinúdo Placer indica que foi "polo ano 832", o mesmo que o P. Croiset no A–o Cristiano). Historiadores hai que opinaron -dacordo cun erro moi extendido- que o nacemento puido ser no 933, e o P. Mariana menciona a aúa vida no S.X, pero todo parece indicar que a primeira das cifras é a correcta. E cando se ten mencionado o ano 933 confundiuse nome e santidade con outro Froilán, que corresponde con esa data, bispo leonés tamén, e que algúns denominan Froilán II, precisamente para diferencialo. No Episcopoloxio Lucense dise que "No ano 832, nun arrabalde da cidade de Lugo, naceu o que máis tarde foi bispo de León, antes grande promotor da vida monástica que el observou durante medio século, o glorioso San Froilán, oráculo do reino cristiano na segunda metade do século IX". (4) Julio Prado abunda nesta data e decántase polo 832 como ano do seu nacemento. Ese Froilán de comezos do século XI, veu provocar quebradeiros de cabeza, a non poucos estudiosos. Fróilán, bispo, rexíu a diócese de León, e Adous séculos despois, os escribanos cistercienses e benedictinos, ó transcribi-lo rezo de san Froilán, confundírono co noso santo. E eso foi causa de que se deformaúra case totalmente a súa vida. Tanto que, no século XVI, San Froilán máis ben semellaba un santo lexendario. A confusión que crearon os libros litúrxicos desorientou mesmo ós historiaúdores máis serios. E non rematou ata que a mediados do século XVIII, os PP Benedictinos Domingo Ibarreta e Pablo Rodríguez descubriron e publicaron a travesura de Juan Diácono. Con elo, fíxose luz de novo sobre a vida de San Froilán. Desde entón, con contadas excepcións, as biografías apócrifas de San Froilán quedaron e quedan opacadas e refutadas polos biógrafos auténticos. (2) O tempo de Froilán, pois, queda marcado no comezo polo ano 833 (ou 832) e no remate no 905, co seu pasamento, cando levaba cinco anos sendo bispo de León. "No seu tempo, tempo de asonadas guerreiras e correrías de mouros, a matriz galega deu vida a moitos fillos insignes cheos de gloria e renome. Pra tódalas cortes e paises voaban os nosos xograres, capitáns, bispos, sabios e santos. Os cami–os do noroeste espa–ol eran lonxa de letras e sabedorías novas que ían despertando do seu sono ós pobos adurmi–ados nas fogueiras devastaúdoras que deixaba o mouro nas súas racias". (1) Tempo tan lonxano non foi - nen antes nen agora - doado para os investigaúdores. "A única Historia de San Froilán é a escrita por Frei Atanasio Lobera, natural de Herce, xunto de Calahorra, frade de San Bernardo.../... Queixábase o P. Yepes do dificil que é entresacar da obra do P. Lobera o referente a San Froilán, e o P. Lobera queixábase do dificil que foi recoller na historia de Espa–a novas seguras atinxentes ó seu propósito". (5) Sobre a cronoloxía do Santo Froilán, non houbo problemas ata o século XVI, en que empezan a aparecer traballos sobre el que pretenden aclarar - e compliúcan - as cousas. Seguindo a Sánchez Pagín, reflectimos as etapas máis sobreúsaíntes deste proceso: - 1530 (aprox).- Marineo Sículo publica "De rebus memorabilibus", onde di que Sancto Froylano foi Bispo de Leon "no tempo dun rei de León que se decía Don Alfonso". - 1586.- Ambrosio de Morales publica na súa "Crónica General de Espa–a": Acousa é moi común en Castela ter a San Froylán, bispo de León, por do tempo do rei don Alfonso o Casto(de Oviedo) - 1588.- Alonso de Villegas, en “Flos Sanctorum" di que morreu no 875, ós 63 anos de idade. - 1578-1592.- Este é o tempo en que Francisco Trujillo foi Bispo de León. Escribiu unha historia da diócese, inédita, na que tenta probar que San Froilán se confunde con Froilán II (Bispo do 992 ó 1006), aínda que admite a posibilidaúde de que vivise en tempos de Alfonso III o Magno. - 1596.- Atanasio de Lobera, frade cisterciense, na "Historia de las Grandeúzas de la ciudad y Iglesia de Leon y de su Obispo y Patrón San Froilán", segue o cami–o de Trujillo e crea escola entre bo número de seguidores, entreles Yepes ("Crónica General de la Orden de San Benito"), Argaiz ("Soledad Laureada"), Heredia ("Vidas de santos de la Orden de san Benito), Bucelin (Annales Benedictini" e "Menologium Benedictini"), Wion ("Lignum vitae") e Mabillon ("Acta Santorum O.S.B."). Os xesuítas belgas, historiadores dos santos antigos chamados Bolandistas, polo fundador, publicaron o ano 1768 en Amberes, o tomo III de outubro das súas Actas Santorum, e no mesmo trataron da vida de san Froilán, no día cinco dese mes. A semblanza que dan aseméllase moito á que dan Tamayo e Mabillón. Non puideron desfacerse do embrollo de Lobera. Digno de especial mención é tamén Juan Tamayo Salazar, que no seu Martyrologium hispanum, tomo V, publicado en Lyon o ano 1653, ofrece unha biografía bastante extensa nunha limpa dicción latina. As súas teses son as mesmas de Lobera. Ó mesmo tempo que os Bolandistas publicaban en Amberes esta biografía, cos sabidos erros do cisterciense Lobera, traballa no arquivo da Catedral de León un dilixente e estudioso arquiveiro e coengo, Carlos Espinós, que por medio do exame dos códices e dos pergameos alí existentes, opúxose á corrente de opinión entón común e situou correctamente ó santo no seu propio tempo, é dicir: “no reinado de Alfonso III..../... Con este pacente labor do humilde arquiveiro Espinós, o P. Risco ti–a xa aberto o cami–o para a redacción da súa nova historia da igrexa de Leon, contida e publicada nos tomos 34, 35 e 36 da Espa–a Sagrada”. (6) Pechan esta longa relación Pedro Alba, Posadilla, Cotarelo Valledor, López Peláez, Pérez de Urbel, Palomeque, José González, Julio de Prado... que non dubidan de que o noso San Froilán é aquel no que nós cremos e coidamos ter pefectamente situado na historia. O absurdo desta opinión vese a moi pouco que se fixe a atención. Don Pelayo, bispo de Oviedo, a fins do século XI, refire que as reliquias de Froilán foron sacadas de León a finais do século X, diante do temor de que, como sucedeu desgraciadamente, as tropas sarracenas se apoderasen da capital. ÀÉ posible que se Froilán estivera vivo entón e continuara vivindo no undécimo século, D. Pelayo, que estaba tan perto dos sucesos, os trastocara de tal sorte que afirmase ter sido sacadas as reliquias de quen viviu algúns anos aínúda?.../...A única razón en que se fundan Lobera e os que o seguen para asegurar que San Froilán foi o bispo Froilán que en 992 sucedeu a Savarigo e gobernou varios anos despois da toma e ruina de León, consiste en que hai moitas escrituras asinadas por FROILÁN BISPO DE LEÓN, desde aquela data ata 1006. Pero constando que un século antes houbo un Froilán, bispo de León, alóxica só autoriza para concluir que dous bispos de León tiveron o mesmo nome de Froilán. (5) Se o P. Lobera tivese examinado máis cuidadosamente o arquivo da Catedral de Leon, non tería caido en erro de tanta monta, facendo errar ós sucesivos historiadores. pero el mesmo confesa, no seu libro, o pouco tempo que a esto adicou, e por eso dicía que ti–a que cami–ar "a tento, polo aparente cami–o das conxeturas". De ter atopado a Historia de San Froilán, de Xoan Diácono, non ousaría de acusar de erro a tódolos Breviarios e historiadores.../... Ademáis, na mesma historia dise que foi elixido bispo no tempo "do Príncipe Alfonso, que gobernaba en Oviedo o reino dos godos", o cal non pode ser outro Alfonso que o chamado O Magno, morto en 910, pois o seu fillo Ordo–o trasladou a Corte de Oviedo a Leon”. (5) O REGUEIRO DOS HORTOS "Houbo un varón de vida venerable. Froilán, bispo, nado nos arrabaldes de Lugo, en Galicia..." Onde se supón era o Regueiro dos Hortos, está o monolito que lembra a Froilán. E precisamente, a prolongación da rúa inmediata, cando chega á Segunda Ronda, leva o nome de "Regueiro dos Hortos", sendo na actualidade no seu último tramo, só eso: unha pequena corredoira ou Regueiro chamada á consunción, pola fiebre constructora que impera nas cercanías. "Non obstante o lugar exacto do nacemento parece que non é este da Praza do Carme, senón uns trescentos metros máis abaixo, á beira da antiga vía romana Lucus-Iria, que na idade media foi ruta de peregrinos a Santiago". (7) Onde está o monolito ou máis baixo, o caso é que moitos son os que coinciden en sinala-lo Regueiro dos Hortos como lugar do nacemento de San Froilán: Desde o Coengo Pallares en "Argos Divina" ó P.Risco en "Espa–a Sagrada"... Amador López Valcárcel sinala que o tema do Regueiro dos Hortos é moderno, orixinado a partir de Pallares, xa que os textos antigos que hoxe recibimos falan dos "arrabaldes de Lugo". Xoan Diácono dí que naceu nun “suburbium”, pero este vocablo non ti–a entón o mesmo significado que na actualidade, senón que se entendía nun senso moito máis amplo. "Nun diploma de Celanova do ano 927 fálase da restauraúción de Santa María de Logio, vila situada entre o Mi–o e o río Logio, in territorio Gallaeciae, suburbio Lucensi. Esta vila distaba un tanto da cidade de Lugo. Máis distaba a vila de Lourenzá, da que tamén se dí que se atopa in suburbio Lucense" (6). Julio Prado Reyero, cando o visito na súa parroquia de Sabero, no León monta–és, indícame que coida que san Froilán puido ser nado na zona de Ruitelán, onde goza de gran evoción, lugar que a familia do Santo puido ter en Se–orío e el logo levalo ó Bispado de León. Por este lugar, do arcedianato de Triacastela, sen saberse os motivos, litigaron longamente as dióceses de Lugo e León. No caso de que tivese nado no Regueiro dos Hortos, o que non está claro -ou no que os autores se recrean sen poder chegar a conclusión de nengún tipo - é se o Regueiro dos Hortos era ou non unha "zona céntrica" e se a familia de Froilán era dunha certa alcurnia. Castro Freire fala dunha "humildísima casa" no calexón do Regueiro dos Hortos, extramuros da cidade, entre as Portas Mi–á e Puxigo, da Muralla lucense; e Cesáreo Gil Atrio menciona como "un arrabalde da cidade de Lugo" este Regueiro. "Quizais a casa natal puido estar situada entre as poucas que bordearían o que moi axi–a ía se-lo Cami–o Francés das peregrinacións xacobeas, e antiga calzada romana que unía a Lugo con Iria e outros puntos suroccidentais do seu convento xurídico". (3) O Cabildo lucense, en sesión de 1747, sinala que "segundo a tradición antiga, foi o seu nacemento do lado dereito de dito Regueiro dos Hortos, onde cae e desauga a fonte que chaman de San Froilán". (5) Suponse que Froilán foi bautizado na Catedral lucense. E no máis puro terreo da especulación éntrase cando os autores abordan o tema da familia. Fálase de que puido ter uns pais nobles (Piadosos e nobles, di o Breviario), chegando a dici-lo Bispo Trujillo "que debera de ser dalgunha rama da Casa Real, xa que houbo reis Froila, e dese tronco sería san Froilán"(7) "Frodanio e Froila. Así dí Pallares que se chamaban os pais do noso santo. E que pertencían ó nobilísimo linaxe dos Lugos. A noticia de falso cronicón nos hule este dato. Se tan noble era a súa estirpe, e se é que a tal familia dos Lugos existía xa no século IX, xa poderían ternos dito tamén que a súa casa era unha das mellor situadas dentro do recinto amurallado”. (3) “Costa admitir que entón, cando os nobles habitaban en castelos rochosos e se refuxiaban detrais de fortes murallas, unha familia de abolengo vivise nun arrabalde de Lugo, fóra das súas murallas ciclópeas, no Regueiro dos Hortos. E resulta moi dificil venerar como santa unha muller da que a santidade non ten máis fundamento histórico que o dun sepulcro moi artístico onde se cre - non consta- que repousan os seus restos". (2) "Dase por feito desde moi antigo que tivo outro fillo a nai de San Froilán, e que del é un sepulcro que se conserva na Basílica lucense. Así se consignan con estas palabras nas Constitucións das Cofradía do Padroeiro de Lugo: Nela -na Catedral- están enterrados sua nai dona Froila, nun sepulcro de alabastro, xunto ó coro dela, ó lado do Evanxeo, e un irmán seu xunto da capela maior.../...O P. Lobera di sobre o sepulcro do irmán de San Froilán o seguinte: Hai poucos anos que para asentar unha reixa que se puxo na mesma capela, foi necesario baixalo - que dicen estaba levantado un estado sobre a terra- e por esa ocasión abriuse. Afirmáronme os que alí se atoparon, que estaban os osos tan blancos e lindos, que era marabilla; e que era de tan larga estatura aquel corpo, que os homes moi grandes deste tempo foran pequenos xunto del". (5) Sobre os restos do presunto irmán de San Froilán, Adolfo de Abel Vilela sinala que, posiblemente, sexan os correspondentes ó sepulcro "aparecido na última restauración, pertencentes ó bispo Don Pedro I". NENEZ E MOCIDADE Se dificil é reconstruir a etapa de madureza de Froilán, onde a santidade se manifestou con toda intensidade, a nenez é unha etapa ben dificil de pescudar. ÀComo sería a nenez de San Froilán.?.. Especulan os autores que iría frecuentemente á Catedral lucense, que queda moi perto do Regueiro dos Hortos... Entraría pola inmediata Porta Miñá ou do Carme... Ou pola que hoxe se coñece como De Santiago, que entón era a Do Puxigo, un paso estreito. No Ano Cristiano escríbese: "Os seus pais apartárono con coidado daqueles tratos e compa–as que adoitan ser o escollo da inocencia, e onde os costumes comezan a contaminarse para sempre. O ceo dotara ó noso santo dun natural feliz e dunhas disposicións como as podía apetecer a mesma virtude. Dócil de xenio, humilde de corazón, apacible nos seus modais e inclinado naturalmente ó mellor, prestábase como unha blanda cera ás santas instruccións que lle suxerían" (5). A maioría dos biógrafos coinciden en supo–er unha intensa formación relixiosa recibida na capital lucense, xa que "Non pode porse en dúbida que os bispos de Lugo no tempo de San Froilán terían como unha especie de Seminaúrio, ou escolas onde os futuros cregos aprenderan o necesario para exerce-la súa santa profesión e instruir ós fieis."(5) E, claro está, coa traxectoria que logo levou, ti–a que ser un alumno excelente: "Nada nos extra–aría que fose un bo pupilo da escola que os frades-coengos sosti–an na Catedral". (3) "O primitivo narrador da vida de San Froilán (Xoan Diácono), califícao de "instruído desde a súa infancia nas santas disciplinas". A lección posta no breviario espa–ol por Paulo V asegura que "desde os primeiros anos se aplicou ó estudio das sagradas letras". Os autores de "El Cristianismo y sus heroes", contan que "atopou máis gosto que nas humanas, nas letras divinas, e ó estudio destas se adicou con preferencia, sen que por eso deixara de sobresair naqueúlas". E non faltan os que formalmente din que en Lugo estudiou latín e humanidades, e saíu moi aproveitado en estas e outras asignaturas". Porque o que sí todos están de acordo é que "que o santo pasou os anos da súa nenez e da súa mocidade, alomenos en Galicia. E polo tanto temos que imaxinar que foi educado en Galicia.../... podemos pensar que fora educado na escola bispal de Lugo. Na mesma provincia de Lugo había outros centros de formación, como os conventos de Samos e de Lemos, onde o santo puido ser educado" (6). Aquí é momento xa de menciona-la grande dúbida sobre se Froilán recibiu ou non Ordes sagras na súa mocidade: "A idade para ordearse de subdiácono era a de 18 anos, polo que ben puido o noso santo ter recibido ordes maiores antes de sair de Lugo. Don Antonio Zapata, no século XVII, deixou escrito que San Froilán fóra coengo en Lugo. Sería moi de creer se demostrase o seu clericato antes de sair da cidade.../...Postos a imaxinar, algúns como o Doctor Pallares din, e é o máis natural que así en efecto fose, que san Froilán era moi dado a venerar á Virxe nas súas efixies; e supo–endo que xa entón existise a actual imaxe de Nosa Se–ora dos Ollos Grandes ("primeira imaxe que se co–ece en Galicia, a segunda de cantas hai en Espa–a, e sospéitase se-la primeira"), engade que dela cordialmente se despediu ó partir ó deserto; e que a imaxe de pedra que fixo labrar no mosteiro de Moreruela que fundou, foi en memoria desta imaxe para tela presente. (5) O P. Quintín Aldea Baquero escribe que Froilán en Lugo "recibe durante os seus primeiros anos as ensinanzas que os concilios esixían ós candidatos ó sacerdocio" mentras que o P. Pérez de Urbel afirma que "a súa preparación foi no deserto, como a de san Xoan Bautista". E é o mesmo Aldea Baquero quen sinala que "ó chegar ós 18 anos, a súa vida interior entrou en crise. Dudou entre a vida retirada do deserto ou a actividade apostólica. O futuro fundador de cenobios e grande predicador de moitedumes opta pola soedade dos montes. Os espíritus superiores toman persoalmente a iniciativa da súa vida e Froilán quixo consagrala totalmente á familiaridade íntima con Deus. "Moi mozo aínda, cando contaba dezaoito anos, Froilán deixou o mundo e foise a terras de León, adicándose de cheo a un vivir cenobita e penitente. Cóntanos un biógrafo que certo día meteuse Froilán na boca un pu–ado de carbónsardentes que a purificaron sen queimala. Significou esto a consagración que Deus lle daba. Desde entón as súas verbas resoaron, cal trompeta divina, en todo o reino e Alfonso III, desde Lugo ata Oviedo, ata León, ata a raia do río Douro". (1) E o P. J.González sinala: "Á idade en que outros rapaces non adoitan pensar nos seus destinos, nin se preocupan por defini-la súa vocación, San Froilán racha os lazos da carne e emprende unha tarefa ímproba e de execución dificil. En canto deixou de ser neno, ós 18 anos, retirouse ós montes de Leon, dando unha proba de ascesis madura para idade tan curta... Froilán nas soidades dos montes leoneses foi acadando sona de santo, ou alomenos de home bo, de home de Deus, e foi conseguindo xuntar arredor de sí outros moitos rapaces inqueúdos... Nada sabemos deles, mais que existiron. Non sabemos os nomes máis que o de Atilano, o seu discípulo predilecto, coma el santo, coma el Bispo, un de Leon outro de Zamora, entronizados o mesmo día”. Xa nestes primeiros tempos se saben ou se supo–en diversas accións ou sentimentos do Santo. Dependen do grao de investigación, ou de elucubración de cada escritor. NOS MONTES DE LEON "Sendo de 18 anos, empezou a sentir ansias de soedade". "Que ós 18 anos saíu de Lugo é cousa que ninguén pon en dúbida. Pero Àonde encami–ou primeiramente os seus pasos?. Aquí principian a non esta conformes os que escriben a súa historia... Uns, como o Sr. Riva, din que se retirou a un deserto; e outros, como Nicolás Pinferrer, cren que se retirou nun mosteiro e despois ocultouse nun deserto"(5). "O actual Oficio de San Froilán asegura que primeiro se recolleu a certo lugar oculto da diócese de León; e antigos Leccionarios sinalaban o lugar, dicindo que fora Valceo. Xoan Diácono nada indica sobre o particular. Se paraxe tan distante da súa terra buscou, puido se-la causa o desexo de que non deran co seu retiro e acudisen a visitalo os seus amigos e parentes, turbándolle nos exercicios de piedade e aplaudindo as súas virtudes con eloxios que a súa modestia refutaba. Aló se encaminou desde Lugo o seu ilustre fillo - segundo aseguraba no século XVI o Dr. Villegas- que se fundaba nun escrito que lle remitira un frade de Moreruela, recollendo a antiga tradición daquela casa. Pero faltando documentos próximos ó tempo do Santo, onde se exprese esta circunstancia, non habemos de expresala nós sobre os aiunos e castigos que á súa carne daba, e das horas que adicaba a contemplación, e favores que durante ela recibia; teremos que limitarnos a dicir co P. Yepes: Crese que fixo moi áspera penitencia; pero como ninguén o trataba, e el pasaba a solas con Deus, é forza calar moitas cousas das que so a Súa Maxestade e o Ceo son testemuú–as". (5) Julio de Prado considera a Froilán un rapaz emigrante, tendo en conta que "a emigración foi sempre un fenómeno constante na historia, obedecendo a motivos moi distintos: fame, discordias, guerras, aventuras,etc.-, sen descarta-las razóns relixiosas”. (7) Xa nestes primeiros tempos queda claro o destino de Froilán. O seu destino levábao hacia a santidade. E os montes eran o mellor lugar para evadirse do mundo e achegarse a Deus. Julio de Prado indica que foi en Ruitelán onde transcurriron os primeiros anos da súa vida eremítica, quedando como resto unha cova excavada na ladeira onde logo se adosou unha capela. "Augusto Quintana Prieto, gran co–ecedor da historia berciana, recolle unha tradición multisecular, que ten como certo que San Froilán se dirixiu en primeiro lugar a unha cova do Bierzo, no pobo de Ruitelán" (7). A cova está situada moi perto da antiga Nacional VI Madrid-A Coru–a. Arredor da cova construiuse unha ermida a comezos do presente século, que substituiu a outra máis antiga. "Dícese que nela -na cova- pernoctaba o santo na súa vida eremítica, ou nas viaxes que efectuaba desde a súa sé bispal de León a Lugo, a súa cidade natal". (7) Esta parroquia "pertenceu tradicionalmente á Diócese de León ata data recente. Cabe sospeitar, con Augusto Quintana, que foron -parroquia e anexo- incorporadas á diócese lucense polo noso santo. Tampouco parece improbable que Ruitelán formase parte do patrimonio familiar de San Froilán, podendo ser esta, por tanto, outra das razóns da súa integración na Diócese de León”. (7) Pode non ter relación con esto, pero sí é certo que houbo longas e fortes diferencias entre as dióceses de León e Lugo por mor da posesión do Arcediaúnato de Triacastela, ó que pertencía Ruitelán. Voces aparentemente autorizadas supuxeron que Froilán foi frade en Sahagún ou en León, pero López Peláez ten para esto argumento que parece definitivo: "Os que supuxeron a San Froilán frade de Sahagún ou de San Claudio de León, fixérono así seguramente pola grande celebridade e importanúcia de aqueles conventos, sen reparar en que outros non menos célebres e importantes se atopaban máis perto de Lugo. A sete leguas está o de Samos, que se fundou logo de entrar os suevos en Galicia e foi reformado polo bispo Ermefredo a mediados do século VII.../.... Precisamente nos anos en que San Froilán saíu de Lugo estaba Samos en todo o seu apoxeo..../... Do notable que era o convento de San Vicente do Pino en Monforte é testemuña a presentación do seu abade Espasanto ó Concilio de Oviedo, precisamente no século de San Froilán, onde se lle autorizou para castiga-los vicios e reformar costumes en todo o territorio de Samos.../...De xeito que se o fillo de dona Froila saíu de Lugo para entrar en algún convento, non se comprende por que foi buscalos a León, téndoos en Galicia, e aínda perto do seu pobo”. (5) José María Canal Sánchez-Pagín, que opina que a área de influencia de san Froilán abarcou tamén o norde de Portugal, dubida que o monte Curcurrino estivese no actual Curue–o e aboga pola súa situación en Aquis Querquenúnis (Ba–os de Bande-Ourense), ou aínda mellor en Santa María de Córcores (Ourense). Ninguén máis segue esta tese da maior amplitude da área de influencia de Froilán, polo que temos que coidar que os montes de León -entendidos no censo máis amplo- constituiron a xeografía vital do mozo Froilán. ÀEstaba xa preparado Froilán para a súa vida pública?. Suponse, por tódolos que estudiaron a súa vida, que houbo unha etapa de formación previa. Etapa que puido ser "reglada" e rematar na recepción das Ordes correspondentes, ou formación global para a vida ascética e apostólica que o agardaba. "O que se omitira o expresar cando lle foron conferidas as sagradas ordes, non proba que non as tivese recibido antes da súa predicación, e para saber si, a pesar de que as tivese, lle era permitido por Deus predicar, tivese, co fin deco–ece-la vontade divina, que recurrir á proba do lume. Ó que se xunta que nos primeiros séculos da Igrexa non predicaban máis que os bispos, e cando lles foi preciso descargar parte deste peso nos cregos, cada un dos habilitados para a predicación non podía exercerla fóra dos límites da súa parroquia. Non deixa, con todo, de ser chocante que Xoan Diácono non fale nunca do sacerdocio de San Froilán, e a primera vez que mencione ó seu compa–eiro Atilano, faga resaltar a súa cualidade de crego. Verdade é que na historia de algúns santos lemos que predicaban sendo seglares. Foron casos moi excepcionais en sí mesmos e nas súas circunstancias, que hai que atribuir a especialísima vocación de Deus Noso Se–or". (5) "As frases que emprega Xoan Diácono parecen indicar que Froilán non ti–a sido aínda ordeado de crego: utg sacerdotalem susciperet officium. E se logo fala da honra sacerdotal recibida polos dous santos, Froilán e Atilano, máis ben pode referirse só ó primeiro, dado que xa antes ti–a afirmado que Atilano era crego ó xuntarse con Froilán" (6). O primeiro miragre de san Froilán de que se ten noticia, está vencellando precisamente con esta etapa da súa vida pública, coa súa vocación de difundi-la palabra de Deus. "E porque era varón de elección, predestinado para iluminar a moitos pobos e ti–a o ánimo fixo sempre en Deus, púxose na boca carbóns acesos, como proba de que si os beixos se queimaren, non debía toma-lo oficio da predicación; pero si boca e beizos permanecían ilesos, éralle lícito anunciar ás moitedumes as palabras divinas..../... Con este primeiro miragre quixo Deus manifestar ó seu servo que podía ir con seguridade ó exercicio da predicación". (5) ...”Nalgúns santorais benedictinos, refírese que non foi só esta vez cando san Froilán pediu e obtivo miragres. APredicaba un día contra un desorde vicioso dunha vila, e atopou tan tercos ós suxeitos que non lles puido render para que, deixados os seus erros, puidesen enmenda-lo pasado. Para confirmación, pois, da súa doctrina evanxélica, mandou sacar un braseiro aceso, e tomando o lume nas mans, tívoa como se foran frescas e olorosas frores, confundindo ós obstinados, tercos e rebeldes, e reducíndoos ó cami1?2o da verdade@. Pero como non din de onde sacan a nova non estamos obrigados a crela, como tampouco o que din con Trujillo no Thesaurus Concionatorum, de que infinitas veces puxo brasas nos beizos para que mellor se crese o que ensinaba..../... esta práctica vi1?2a ser corrente en Asturias e Leon, xeralizándose posteriormente en toda Europa. A Igrexa condenou esta práctica, pero suponse que no tempo de San Froilán non debía coñecerse esta condenación”. (5) Fose deste xeito ou con proba menos drástica soubo Froilán que a Providencia quería que se adicase a difundir a Fe... e así o fixo: "Reformador e restaurador austero, a predicación fluía dos seus beizos con tono e vibración de profeta. Os oíntes, diante da súa autenticidade insobornable, reforman so seus costumes. E uns marchaban a morrer pola cruz, nas batallas. Mentras que outros sepultábanse no oco dun penasco para purga-los seus pecados con penitencias e oracións”. (2) Cando o seu auditorio medraba demasiado, fuxindo da tentación do aplauso, retirábase outra vez ás monta–as de Curue–o. (Cucurrino) No Catálogo de bispos de Zamora, formado en 1808, que se conserva na Secretaría de Cámara daquela diócese, escribese que san Froilán "vivía nunha cova do monte Coturrino (en latín Sutrino), na aba das monta–as de Liébana, no Val de Rionansa e Parroquia de Obeso, hoxe pertencente á diócese de Santander, onde se conserva a tradición". (5) "Dentro deste macizo rochoso atopáronse os dous santos cunha gruta natural de regulares dimensións, mirando hacia o mediodia e protexida, polo alto, dos lóbregos ventos do norde.../...A área da cova prolóngase únicamente no antepeito dunha rocha que cae en vertical ata a profundidade dun desfiladeiro aberto polas forzas arrolladoras das torrenteiras que baixan desde as monta–as na época dos duros temporais do inverno.../... É como unha especie de balcón ó natural duns poucos metros de superficie, desde o que tan só se poden contemplar ó alto un inmenso e suxerente ceo e ó ancho rochas e montes por todas partes, que pechan dentro de sí un pequeno val ó que hiperbólicamente Xoan Diácono califica como o deserto ou a soedade". (7) Combinando así a predicación e o retiro, pasou varios anos. E a súa sona rebasou os límites de Galicia, León, Asturias e Aragón. De todas partes vi–an as xentes a escoita-la súa palabra. (2) ATILANO tivo como colega a San Atilano, con quen pasaba as horas meditando na Sagrada escritura... "Un día chegou das faldas do Moncayo, para facerse discípulo seu, un monxe de vida ascética e amante dos libros, chamado Atilano. Entusiasmouse tanto o frade rioxano co anacoreta galego, que se quedou con el en plan de servilo e axudalo. Desde aquel momento, posuídos do espíritu de Deus, viviron xuntos a aventura de reconstrui-la Igrexa de aqueles reinos en aquelas circunstancias tan calamitosas". (2) "Era este aragonés, de Tarazona.../... os seus pais, que pertencían á nobleza, despois de vivir longo tempo sen sucesión, conseguiron do ceo este fillo, a forza de oracións, limosnas e promesas. Ós quince anos retirouse a un convento que se atopaba a unha legua da súa cidade natal, perto da vila de Faios, cunha igrexa adicada a San Benito. Probablemente fuxindo de persecucións dos mouros, chegou ás terras de León que San Froilán evanxelizaba, e alí atopouse con el para non separarse xa.../...E despois de telo axudado na fundación da maior parte dos mosteiros, finalmente retirouse con el ó de Moreruela, non lonxe de Zamora, fundado por eles, en compa–a de 200 frades, onde Atilano foi posto como Prior polo Abade San Froilán". (5) Hai unha tradición recollida por un vello breviario do Cister que coloca a San Froilán como Abade de Tábara e a San Atilano como Prior de Moreruela. Aínda que algúns autores consideran que Atilano sería algo así como o capelán de Froilán, ó ser aquel Presbítero. Existe un sin fin de versións, e abundancia de crónicas sobre San Atilano. Recollémo-las máis sobranceiras porque axudan a perfila-la figura, o atractivo do primeiro e mellor amigo de San Froilán, e - con el - do noso Santo. En relación con Atilano, - o mesmo que se deu con San Froilán- aparecen imprecisións temporais que nacen de posibles confusións con outros bispos ou santos. Así, a Enciclopedia Espasa Calpe menciona que Atilano naceu en Tarazona hacia o 939, e morreu en Zamora en 1.009, cando o certo é que os acontecementos foron case cen anos antes. No Diccionario dos Santos, de Dom Philippe Rouillard, menciónase erroneamente que “é patrono de León, e foi bispo daquela cidade, despois de san Froilán, no 917, con un reba–o máis guerreiro que piadoso". En "Los nombres de pila espa–oles", de Consuelo García Gallarín, menciónase como "Abade do mosteiro de Tabarra (Zaragoza) e máis tarde Bispo de Zamora (S.X)". E Alberto Vilanova, na Gran Enciclopedia Gallega, engade o dato de que era mozárabe, e ti–a feito vida cenobítica en varios mosteiros. No "Diccionario de Historia Eclesiástica de Espa–a", dirixido por Quintín Aldea Vaquero, indícase que naceu en Tarazona no século IX e cóidase que morreu en Zamora no 919. Fíxose frade ós 15 anos nun mosteiro próximo a Tarazona. Sería xa crego cando se asociou a San Froilán, estando - antes ou despois de contactar con el - no mosteiro de Sahagún, onde transcribiu o tratado "De Virginitate Sanctae Mariae" de San Ildefonso. Flores, no tomo XIV da Espa–a Sagrada, escribindo a historia da diócesis zamorense, dicía: "Este é o primeiro bispo de Zamora, posto por Don Alfonso o Magno". (5) Vicente Becarés Botas, profesor da Universidade de Salamanca, no libro “LOS PATRONOS DE ZAMORA SAN ILDEFONSO Y SAN ATILANO”, resume así o problema histórico plantexado: "Ata o século XVI a tradición vi–a aceptando a existencia dun Froilán e un Atilano a comezos do s. X, pois a biografia de ámbolos dous santos estaba unida como cara e cruz da mesma moeda, pero velaquí que Fr. Atanasio Lobera, frade de Moreruela, descobre un segundo bispo de Leon con este nome, moi importante e amplamente documentado.(Lobera non veu ou non quixo ver documentos do primeiro Froilán), de ahí que se incline polo segundo Froilán, o morto en tono ó ano 1002, un século de diferencia respecto do primeiro. Eso sí, repito, Lobera e tódolos autores son unánimes á hora de unir as vidas de Froilán e Atilano: Ámbolos dous frades, os dous fundadores de mosteiros, e ámbolos dous despois bispos de León e Zamora respectivamente. Polo tanto, Frei Atanasio, o primeiro en supor o segundo Atilano, razona deste xeito: Se Froilán e Atilano foron compa–eiros e Froilán asina centos de escrituras desde o 990 ó 1002, Atilano ten que ser compa–eiro do segundo Froilán. Así estiveron as cousas ata finais do S. XVIII, en que os PP. Escalona e Risco documentan o primeiro Froilán. E o mesmo fai o P. Risco que tamén argumenta invertindo as premisas de Lobera: Se Atilano asina documentos do 905 ó 912, e Froilán e Atilano foron compa–eiros, Froilán e Atilano son de comezos do século X.../...Os historiadores que vi–eron detrás tiveron que tomar partido e adherirse a unha ou outra postura. En calquera caso, o problema histórico que se plantexa é evidente: Se houbo dous Atilanos e só un foi o canonizado como santo, cal do dous foi o santo e cal dos dous o das reliquias que hogano se veneran?. Supo–emos, claro está, que o santo, pero só o supo–emos. Outra solución é pensar que foron os dous Atilanos bispos de Zamora os canonizaúdos, como defende Frei Antonio de Yepes, co que fora cal fose o atopado se garante a santidade das reliquias veneradas: "assi yo siempre he creydo, y lo dexé arriba apuntado, que sin duda ay dos obispos Atilanos, que florecieron en diferentes tiempos: porque realmente tampoco se puede negar, y se prueba con evidencia, de los papeles de los archivos, que en tiempo del Rey don Alfonso el Magno, hubo un obispo que firma todas sus escrituras, y a este, para que nos entendamos llamaremos Atilano primero; y también es certíssimo, que en la eda del Rey Don Bermudo el segundo y don Alonso Quinto, hubo este Atilano, cuya vida hemos escrito, compa–ero de San Froylano, que fue segundo deste nombre en la iglesia de Zamora". Pola nosa parte só podemos engadir o seguinte: Na colección diplomática do Mosteiro de Sahagún, que recentemente ten publicado J.M. Miguez, aparecen en efecto dous documentos do 28 de abril do 909, confirmados por Atila epíscopus e Attilanus epíscopus. Pero asi mesmo, o documento do 23 de marzo do 986 está confirmado por un Atila, persoeiro sen dúbida importante deste mosteiro. En conclusión: “dúas posturas e dúas datas enfróntanse entre sí: a historia, digamos, oficial, documentada e crítica, conta cun Atilano bispo de Zamora de 901-917. Outra corrente, a tradicional, non carente de coherencia, recollida mesmo polos textos litúrxicos, infire un segundo Atilano (990-1009) para emparellalo co segundo Froilán”. Habería, pois, dous Atilanos. Pero o noso foi Bispo en Zamora cando Froilán era Bispo de León. ÀSería do primeiro ou do segundo toda a aureola de santidade e feitos milagrosos?... Quizáis, o segundo. Pero o pobo é sabio, e xuntou no nome toda a súa forza de fe e de esperanza. E diante da dúbida, nós intuímos que se refire ó discípulo e amigo de San Froilán. Sobre o chamado "Miragre de San Atilano" existen diversas versións, coincidentes no principal. Velaquí unha refundición de varias delas: "San Atilano sobreviviu algún tempo a San Froilán e da súa Vida de Bispo temos máis novas que recolleu Surio. Despois de estar dez anos rexindo santamente a diócese, entroulle un vivo desexo de facer penitencia, parecéndolle que ti–a cometidas moitas faltas, que aínda non estaban perdoadas, e que era indigno de atoparse ó frente dun bispado. Saíu, pois, en peregrinación a Xerusaúlén, acompa–ado dun só familiar, de quen se separou logo para non serco–ecido e poder con máis liberdade adicarse á vida de mortificación, que tanto anceiaba. Ó pasar a ponte sobre o Douro, tirou ás augas o seu anel pastoral, decindo que ata non volvelo a ver non se daría por perdoados os seus pecados, e digno de rexe-la diócese. Dous anos empregou na viaxe, vestido de mendigo e vivindo de limosna. Unha voz celestial avisouno en so–os que era xa tempo de restituirse á súa igrexa. Colleuno a noite perto de Zamora, e pasouna nos arrabaldes, na ermida de San Vicente". (5) "Alí unha muller co seu home recibírono na súa pequena casa, e déronlle unha cea certamente non espléndida. Pola ma–án, o home e a muller van á casa do Bispo a por peixes como antes acostumaban. E pregan a Atilano que entretanto garde a casa. Danlles peixes, lembrando aquel que ti–an deixado na casa; volvendo a el déronlle o peixe de maior peso. Préganlle a Atilano que prepare estes peixes mentras van ela por auga e o marido por lume. Atilano respostoulles amablemente. Tendo tomado o peixe máis grande, mentras extraía as vísceras, atopou o anel que ti–a botado pola ponte”. (Lucio Marineo Sículo. Opus de rebus hispaniae memorabilibus. 1533)(*) "Tocaron entón por sí soas todalas campás da poboación, e por outro novo prodixio os pobres e remendados vestidos do Santo desaparceron, e mostrouse cuberto con vestiduras pontificais diante dos zamoranos que aínda durante outros sete anos gozaron das súas exhortacións e piadosos exemplos" (5). "Divulgada pola cidade a nova do suceso, unha grande moitedume de xente foi buscar e acompa–ar ó recén chegado que fixo logo a entrada na capital da súa diócese entre as aclamacións do pobo, chegando de novo a súa casa que aínda cando con seguridade non pode puntualizarse onde estivera, é verosimil que fose no sitio que ocupa o pazo dos Marqueses de Villagodio, toda vez que non existindo aínda a Catedral actual e facendo veces dela a igrexa de San Pedro, segundo moitos autores afirman, é probable que a morada do Prelado se atopase perto da Catedral, presunción que vigoriza a circunstancia de existir naquel palacio de Villagodio unha inscrición co–ecida de moi antigo que expresa ter habitado alí San Atilano..../... A fins do século XVI existía aínda a ermida de San Atilano que ocupaba o sitio perto do templo do Sepulcro, que antes ocupou a hospedería onde o bispo zamorano recuperou o seu anel e aínda debeu durar algún tempo máis, pois dela fala e foi testigo de vista Lobera, que asegura ter visto nela a pía mesma onde foi lavado o peixe; e según tamén o mesmo respetabilísimo testemu–o, na arca donde se gardan os restos do santo, atopábanse no tempo en que aquel escribiu, e viunos el, o anel, un peite de oso e unha caiada de pau" (Urcisino Álvarez Martínez, en "Zamora Ilustrada"). "Este montón de miragres, nun miragre, contan os autores que escriben a vida deste santo. E ata hoxe se conservan, e te–en en moita reverencia os instrumentos deles. Como son o hospital onde o santo se aposentou, e atopou o anel no barbo, que é ó presente ermida da súa vocación, e nela está a pía na que lavou o peixe. E os que se collen á ponte vella son máis estimados, porque os teñen por descendentes do que gardou o anel. Na igrexa de San Ildefonso - onde se garda o corpo do noso San Atilano- está tamén o anel, que el botou no Douro, e atopou despois no papo do peixe, e un peite de oso, e unha caiada do seu báculo que é de pau. Eu vino todo, e o anel é tan delgado que me parece terá pouco máis dun real de prata. Está engastada nel unha pedra turquesa, que é moi fina, algo maior que un garbanzo, te–o por certo que esta pedra é das que se adoitan atopar nun térmo xunto da mesma cidade" (Fr. Atanasio de Lobera. Historia de las grandezas de la muy antigua e insigne ciudad y Iglesia de León y de su obispo y patrón Sant Froylán, con las del glorioso San Atilano, obispo de Çamora.1596).(*) "Algúns enfermos, véndose en risco da súa vida, piden con moita humildade e devoción que se lles leve á cama o peite, báculo e anel de San Atilano. E téndoos venerado e consolándose con eles, de manifesto te–en cobrado moitos saude, de manifesto e mellorado ó momento". (Jerónimo Martínez Vegas. Discurso historial de la vida y muerte de San Atilano, 1615-úú1618).(*) "Chegou o día da súa ditosa e moi preciosa morte, que foi ós cinco de outubro do ano mil e nove, no setenta da súa idade, no décimo nono do goberno da súa Igrexa. Déronlle sepultura na igrexa de San Pedro, que naquel tempo ti–a este título e hoxe é de San Ildefonso. No alto da capela maior, está o sepulcro do Santo nunha arca de gran precio. Canonizou ó noso santo o Santísimo Pontífice Urbano II, que foi electo pontífice no ano 1088, e a celebrou en cinco do mes de outubro e despachou a súa bula”. (Gil González Dávila. Teatro eclesiástico de las Iglesias metropolitanas y catedrales de los reinos de las dos Castillas, 1647).(*) Na Igrexa de San Pedro e San Ildefonso de Zamora consérvase a denominada Cruz-relicario de San Atilano. No centro dos brazos alberga un anel de prata sobredourada, cunha turquesa, que para outros se trata dun zafiro, engastada, de datación indefinida. A tradición supón que se trata do mesmo anel que San Atilano botou ó Douro e atopou, despois da súa peregrinación de penitencia, no ventre dun peixe. Padroeiro de Zamora desde as pestes do século XVI, a festa de San Atilano celébrase, o mesmo que a de San Froilán, o día 5 de outubro. (*).- Citas publicadas no libro SAN ILDEFONSO E SAN ATILANO. V CENTENARIO DE LA ELEVACIÓN DE LOS CUERPOS SANTOS, Zamora,1996) |
Historia
| FUNDADOR DE CONVENTOS _(O Rei) deulle facultade para recorre-los seus reinos na percura de lugares aptos e xeitosos para construir mosteiros”. A inmensa maioría da península estaba ocupaba polos árabes. E as necesidades estaban claras: Primeiro era a guerra, e logo todo o demáis. Froilán tivo que loitar contra moitos factores, só coa forza da súa fe e do seu exemplo. León era terra fronteiriza e por riba de todo, había que loitar contra do invasor, contra a ignorancia relixiosa, contra os efectos da invasión nas xentes, nas crenzas, nos costumes... Gil Atrio menciona que García Villada, na súa Historia Eclesiástica de Espa_a, comenta que _As beiras do Bernesga, do Torío, do Cea e do Esla, vense invadidas por homes enxoitos que, vestidos con hábito probe e uniforme, as convirten en hortas e verxeles; e animados por San Froilán e San Atilano, maceiran as súas carnes, renuncian á súa vontade e entonan a súa armónica salmodia dia e noite ó Deus dos ceos e da terra_. As xentes baixaban das monta_as e invadían pacificamente o terreo chao. Así afianzábase a Reconquista, completábase a ocupación militar coa _ocupación social_. _Alfonso III o Magno veuno clarísimo. E por iso planificou cos seus magnates, cos seus condes, cos sus bispos, cos seus cregos e cos seus xenerais a colonización a tódolos niveis”. (5) _Esta obra non só a podían facer os militares; había que encomendarse ós monxes. Era necesario cultivar terras, desecar pantanos, talar bosques, e este labor encomendóuselle a un talento organizador de grande prestixio. San Froilán encargouse de fundar mosteiros na zona asegurada. Era unha empresa de gran envergadura; o rei financiou a obra colonizadora, e desde entón vemos a Froilán deixar o seu amado retiro de Veseo e baixar cos seus frades, cos seus discípulos, ás ribeiras chas do Esla ó norte de Zamora”. (5) A mesma Igrexa coincidía en fins e en métodos cos desexos do Rei, xa porque comprendese a necesidade de afianzar a ocupación da Cristiandade, xa por _controlar_ a súa grei. _O desideratum da Igrexa espa_ola, sobre todo a partir do VII Concilio de Toledo, era que os ermitáns abandoasen a súa vida solitaria, tan exposta ós pertigos, indisciplina e relaxamento, para integrarse ou agruparse arredor dun mosteiro. Parece, polo tanto, moi lóxico que tanto Froilán como Atilano de común acordo, vi_eran xa desde algún tempo pensando en firme nunha fundación monástica, para o que virían facendo os trámites oportunos, xa que eso ofrecería uns cauces xurídicos e canónicos máis en consonancia coa lexislación constante dos concilios, sínodos e bispos sobre o particular_._(7) _Entón era cousa corrente que os reis elixiran bispos e deran a estes poderes temporais para, mesmo, gobernar no seu nome___(3) _O caso é que hacia o ano 875, Alfonso III chamou ó anacoreta lucense á súa corte de Oviedo. Para Froilán comezou outra etapa da súa vida. Antes ti_ano pedido os oíntes e os outros anacoretas. Presionado por eles ti_a fundado en Veseo. Daquela colmea de 300 frades, rexida polo Abade Froilán e polo Prior Atilano, saíron as novas e a sona que cautivaron ó Rei. Agora, mandáballo o mesmo Rei. E, violentando os seus gustos e as súas crenzas personais, lanzouse a conquistar almas e a fundar mosteiros”. Isabel Flores de Lemus comenta, sobre o feito de que o Rei chamase a Froilán para que o axudase: _O Rei - miras de estadista católico- pensou en utilizar o divino proselitismo deste home providencial. A fundación de mosteiros ti_a entón capitalísima importancia para a poboación e civilización de Espa_a, despoboada e asolada por contínuas guerras. No aspecto relixioso, social, agrícola e cultural, o mosteiro era o instrumento mellor que se podía utilizar para lograr aquela meta. Arredor do templo-mosteiro xurdían a granxa, o pobo, o concello, coas terras cultivadas, fomento da cría de animais, ensino dos nenos nas escolas dos frades, formación de bibliotecas no scriptorium do mosteiro..._. _Non se contentou don Alfonso con expresar de palabra a admiración que lle producían as virtudes de Froilán, e a estimación altísima e veneración suma que lle profesaba. Colmouno de honras e concedeulle potestade para escoller en todo o reino lugares aptos e amenos onde erixir mosteiros nos que congregar ós constituídos baixo a disciplina da Santa Regra. Se se toma ó pe da letra a palabra locupletiorem, habería que dicir que o Santo xa era rico ó ir á Corte, e que Alfonso non fixo máis que aumenta-las súas propiedades_. (5) _A potestade - facultatem- di Francisco Tarasa, de fundar mosteiros onde desexase, que o Rei otorgou ó Santo, non se ten que entender no senso de que a Real licencia fose necesaria ás Congregacións relixiosas para establecerse e fundar casas nas que realiza-lo fin relixioso e soste-lo culto da única relixión tolerada. Ninguén cría entón necesario tal requisito. A palabra potestas indica, seguramente, unha especial protección que a San Froilán se dispensaba, e a facultade de escoller para solar dos conventos calquera finca que á Coroa pertencera”. (5) _San Froilán, austero, aínda que de carácter doce e presencia atraínte, arrastrou, coa súa simpatía persoal envexable e coa súa elocuencia arrolladora, e co seu don de miragre e de profecía, a centos de homes e mulleres_. (2) Nada se sabe de certo da vida de Froilán desde o momento de lanzarse á vida pública, de convencer pola palabra, ate o momento en que o Rei lle encarga a fundación de mosteiros. _Non hai temor a equivocarse dicindo que San Froilán, antes de encargarlle o Rei a fundación de Conventos, ti_a xa abrazado a vida monástica. Xoan Diácono, único historiador seu que podería sabelo, omite esta circunstancia. pero, _Como se houbera dado a dirección de mosteiros a quen nunca houbese vivido en comunida-de?. Antes de ser abade, adicouse á predicación._Onde, senón nas bibliotecas ou conferencias monacais adquiriu os co_ecementos necesarios?_. (5) O primeiro punto de referencia na vida pública de Froilán é Veseo. Parece como se xa en Veseo tivese fundado un mosteiro, do que Froilán fose Abade. _Quizáis o Rei, ou os seus condes e conselleiros, persuadiron ó abade de Viseo a que abandoase aquel lugar, que xa funcionaba, e pasasen a terras zamoranas para implantar nelas novos mosteiros, que axudasen na repoboación da zona. E así levouse a cabo, como indica o biógrafo, a fundación de Távara, en primeiro lugar, e máis tarde a do outro mosteiro na mesma beira do río Esla_._(6) _Da cidade de Veseo non se conserva lembranza algunha. Chámaselle civitas, tamén oppidum, que ademáis de cidade significa praza forte. Quizais o val que hoxe se di de Obeso recibira o seu nome de aquela poboación. (5) Sánchez-Pajín vai moi lonxe na súa ubicación, xa que menciona a cidade de Viseu, en Portugal, _que no século X era Veseo.../...Na época visigótica Viseu foi unha florecente cidade, sé bispal dependente de Mérida, na provincia de Lusitania. Coa invasión musulmana, anos 718 e seguintes, sufriu un grave eclipse, caeu en poder dos árabes e non foi conquistada ata os tempos de Alfonso III, 877 e seguintes. A Crónica Albeldense puntualiza que por este tempo _as urbes de Braga, Porto, Auca, Eminio, Veseo e Lamego, todas en terras portuguesas, son repoboadas polos cristiáns. Pois ben, se Froilán se decidiu a baixar a Viseo e fundar alí o cenobio foi con fins repoboadores, e esto debeu ser hacia o ano 877, mesmamente cando o Rei ordenaba este labor de colonización e repoboación_. (6) Julio de Prado, en fin, estima que este _Veseo_ non estaría nin en Obeso, Sahagún nin en Viseo. Menciona o Dr. Sanmartín Sastre, que fala dun _Abesedo_ perto de La Vecilla; perto de Valdecésar, xa que seguindo a J.A.Cavestany, Abesedo, é o nome co que na monta_a de Leon se co_ece á umbría ou zona que se contrapón á solana_. (7) A primeira fundación de San Froilán aparece así descrita por Quintín Aldea Baquero: _Alfonso III concedeu ó Santo amplas facultades para visitar tódolos seus dominios e levantar cenobios para que ó seu amparo se acollesen os novos poboados. Estas agrupacións humanas así formadas constituían unha unidade política da que era xefe o abade, e os seus axentes e mestres os monxes, que ensinaban as artes da paz e infundían o espírito de cruzada na guerra de Recon-quista. Froilán puxo en xogo de novo a súa capacidade de iniciativa e deuse en recorrer as terras do reino alfonsino. A súa belixerante actitude levouno a fundar dous grandes mosteiros perto da fronteira, a poucos kilómetros de Zamora. O primeiro foi o de San Salvador de Tábara. Nel, congregáronse 600 frades de ambos sexos. Era un deses mosteiros chamados dúplices, onde as monxas, aínda que rigorosamente separadas, ti_an a vantaxe da asistencia sacerdotal e da defensa, no caso de invasión. Sobre a cifra de seiscentos frades - que parece desmesurada- hai estudiosos que opinan que a cifra corresponderían ós que vivían na zona baixo a _xurisdicción_ do Mosteiro, ou ben os que habitaban na zona e se xuntaron a efectos de segurida-de e cumprimento das novas normas da Igrexa. Hai quen supón que moitos destes frades mesmo poderían ser mozárabes, chegados do sur, como consta no códice do beato”. (6) Cóidase que o que fixo S. Froilán en Tábara foi restaurar un mosteiro visigótico arrasado pola invasión árabe. Podería esta-lo mosteiro no lugar onde se ergueu no século XII a igrexa de Santa María. (7) “Asegurada a fundación de Tábara, san Froilán pensou en Moreruela”. (2) _San Froilán veu un sitio ameno e alto perto da corrente do rio da Estola e alí construiu outro convento. O antigo Leccionario de Leon engade que este Mosteiro ti_a por nome Morerola. O Breviario romano di tamén que o último dos fundados por San Froilán, foi o célebre de Moreruela__(5) _Alí fundou o seu segundo mosteiro. E alí sorprendeuno a mitra bispal, cando xa contaba con máis de 200 frades___(2) _Foi este, no século X, un dos máis famosos mosteiros pola arte refinada do seu escritorio. A pesadume do tempo, insensible ós afáns do home, non nos permitiu ver na súa realidade de pedra a arquitectura desta fundación. Pero, afortunadamente, un códice do seu escritor consérvanolo parcialmente. No último folio aparece a torre do mosteiro, alta e lapídea, de sillería polícroma, con ventanais de arcos de ferradura. Sobre o tellado, dúas airosas torres pequenas con cadansúa campá. Ós lados dos últimos ventanais, dous balcóns voladizos asómanse ó horizonte...___(5) _ _Que relación hai, pois, entre este convento de Moreruela de Távara e o cisterciense da actual Granxa de Moreruela?. Sabemos que este tivo especial devoción a San Froilán, como se el fose o seu propio fundador. Xa desde o século XII foron veneradas alí as súas reliquias, parte das que pasaron á catedral de León ó remate dese século. Pois ben, por ningunha parte se ve relación directa entre Froilán e o centro cisterciense. Foi devoción a un santo que viviu e traballou nun lugar próximo, ó outro lado do río. Moreruela de Távara e Granxa de Moreruela foron dous centros relixiosos distantes no tempo e no espacio. Do último consérvase abundante documentación, pero nela nin palabra do abade Froilán do século IX”. (6) _A tradición no século XVI daba o nome de Vi_a de San Froilán a un monte que pertencía ó convento de Moreruela e que del non se atopa moi distante. Nada tería de particular que o mesmo santo coas súas propias mans as tivese plantado e as cultivase.../... Antigamente, observábase por tódolos benedictinos ós que a saúde llo permitia, a Santa Regra no tocante a ocupar gran parte do día no traballo material: dúas horas consagrábanse á lectura e sete ó traballo manual__(5). _O traballo manual era parte integrante da xornada monacal e, namentras uns miniaban os pergameos, copiaban a Virxilio ou adeprendían melodías visigóticas, outros rozaban os campos, facían zumbar as forxas, ou repinicaban co martelo nos bancos de zapateiro. Todo o val do Esla, onde se levanta a histórica torre Tavarense foi creación de Froilán; é dicir, que a terra castelán puido ser nai porque un galego a fecundou__(1). _O Breviario Romano, o mesmo que os autores que falan de San Froilán, supo_en que fundou moitos mosteiros; e no século XVI ensinábanse, nas beiras do Esla e nas monta_as de Leon, ruínas antigas e ermidas modernas que, segundo a tradición, sinalaban os sitios onde houbo edificacións debidas ó Santo___(5) O MIRAGRE DAS POMBAS Era moi común na antiguedade involucrar animais nos feitos dos Santos, e así aparecen moitas representacións de santos xunto coas imaxes dos animais que se supón que os acompa_aron. San Froilán non ía ser menos, e máis tendo tantos investigadores, tantos ademiradores da súa vida e obra. E así con el aparece sempre, ou prácticamente sempre, o lobo. Tamén as pombas, pero bastante menos. Na talla de Moure no coro da Catedral lucense aparecen as pombas diante da boca do noso Santo, así como tamén na Capela do Pilar, no altar, nun relevo, San Froilán aparece vestido de bispo con dúas pombas sobre a súa cabeza. Xeralmente as representacións das pombas aparecen en pinturas e medallóns, e nunca en esculturas. Ben puidera ser pola dificultade de incorporar dúas pombas a unha escultura, ou porque os artistas deran moita máis importancia ó lobo que ás pombas na vida de San Froilán. Conta Xoan Diácono que _indo de viaxe, á caída do sol, ó final do día, nas tebras da noite, deitado, en oración, viu, no medio dun esplendor refulxente de claridade a pesar da noite, dúas pombas que competían en voar cara el, unha de cor vermella e outra de cor branca coma a neve. Sen tempo para reaccionar da súa sorpresa, metéronselle na súa boca. E unha produciulle sensación de calor, e a outra, sensación de mel__ Desde entón a súa palabra - escribiu Frei J. Pérez de Urbel- era unha palabra que sementaba feixes de luz e globos de lume. Cronolóxicamente, sería o segundo miragre de San Froilán ou relacionado con el, e proba da predilección divina por este seu fillo, xa que o primeiro sería o dos carbóns ardendo. Outras veces se fala destes animais na historia de Froilán, xa que é unha pomba a que se pousa sobre el cando o designan bispo. _Fr.Atanasio Lobera con outros autores, cóntao aínda que sen dicir de onde sacou semellantes novas. Di que ó ser elixido bispo polo clero e pobo atopábase, ben alleo a todo, cantando na igrexa de Moreruela cos demáis relixiosos cando, á vista de todos, unha branca pomba entrou voando no coro, foise dereita ó abade, e asentouse sobre a súa testa. Co_eceuse o que esto significaba cando máis tarde se soubo a nova da súa elección_.../... Conta, asi mesmo, que _o día da consagración o Espírito Santo baixou otra vez sobre a súa cabeza en figura de pomba___(5) De tódolos xeitos, este é un tema que os diversos autores abordan moi pouco, para centrarse de xeito especial na relación entre Froilán e o lobo. SAN FROILAN E O LOBO Se algún animal hai vencellado a San Froilán, e o feroz lobo, que el convertiu en animal de carga e de compa_a. Adóitase situar este feito no tempo en que Atilano se achegou a San Froilán. Quere a tradición que Froilán cami_ase polos montes de León... E que non levase máis impedimenta que os seus libros, especialmente a Biblia e úteis de escribir... (_Os libros necesarios para a predicacion_, segundo o Breviario Romano). Algúns autores falan de roupa, e ata duns mendrugos de pan. Suponse que Froilán non contaba para esa tarefa do transporte máis que coas súas forzas e a axuda dun burro que cargaba con tódalas súas pertenzas. E sucedeu - ó andar por lugares monta_osos e aillados - que lles saíu ó paso un lobo que - famento por longos aiunos- devorou ó burro porteador dos bens do santo. Pode ser que a súa faza_a puidese facela porque o santo estaba adicado á oración, e só ó remate desta co_ecera a traxedia do seu compa_eiro porteador.(O Santo estaría en oración - segundo Fr. Bernardo de la Pe_a- porque _era antes da alba_). Non sei se ousar dicir que o Santo montou en cólera diante da afrenta, ou si, simplemente, reconvíu ó lobo o seu proceder. O certo é que - como quere a tradición- o santo cargou ó lobo coas alforxas e desde entón o fero animal - vencido pola fe e polo amor -foi pacífico porteador das únicas _riquezas_ físicas que o santo Froilán posuía. E as representacións do santo contan coa figura do lobo ós seus pés, como inseparables. Outras versións falan dun can, que sería quizais un can lobo, e ramificacións da lenda indican que o can ou lobo non só tería que levar de por vida o escaso bagaxe do santo, senón que durante moito tempo subeu no seu lombo as pedras que o santo utilizaba para construir unha ermida no máis alto dun monte. _A tradición armonízase maravillosamente coa historia, ensinándonos que, se levaba consigo unha cabalería nas súas evanxélicas excursións, era para leva-los libros. Os autores segundo os que os anos que estivo en soedade pasounos ocupado na meditación e na lectura, contan unha cousa moi creible. Fillo de noble casa, compréndese que puidera adquirir moitos libros, ata cargar con eles unha cabalería..../...Eran entón moi caros. As continuas guerras destruíanos en gran número, e non deixaban a penas xentes que se adicara ás copias; e o pergameo encareceu notablemente desde que, dominado Exipto polos árabes, non se podía traguer Papiro a Europa. En Espa_a apreciábanse moito os libros; por eso había moitos en tempo de San Froilán, sobre todo de materias eclesiásticas, que eran os que podían servirlle para a predicación, para o que os levaba no burro, segundo reza o Breviario_. (5) _Tamayo Salazar, o famoso autor das Commemorationes Sanctorum, que todos sabemos a pouca autoridade que merece, engade pola súa conta detalles moi curiosos. Di que o Santo levaba sempre consigo o burro cargado de libros; e que con voz de mando chamou ó lobo para que vi_ese dar conta do seu feito, e que en presencia de moitísimos - plurimis- que seguían ó Santo, e coa cabeza baixa en actitud da maior mansedume, púxose de xionllos diante del e pediulle perdón do crime cometido, recibindo de penitencia o acompa_alo levando as alforxas cos libros, o que executou así durante moitos anos - permultis annis-. .../... É en realidade reparable que o diácono Xoan, ó escribi-la vida do ilustre bispo de León calase suceso tan asombroso. Consigna dous dos seus miragres. _Como deixa este en silencio?. Refiriu dúas marabillas que ninguén presenciou, que o Santo sendo tan humilde non contaria a ninguén, e que de todos modos se algún as negara, non podería probar, non sendo con novos prodixios. _Por que omitir un portento que todo o mundo podería observar, continuado durante varios días, e no que non cabía ilusión nin fraude?. Se hoxe un predicador trouxera consigo como besta de carga ó lobo feroz que lle devorara a cabalería, _podería este feito non impresio-nar vivamente, deixaría de conservarse por longo tempo na memoria das multitudes?. _E sería facil que quen escribise a súa vida, cando aínda non ti_an pasado quince anos da súa morte, omitise un feito tan extraordinario e tan ruidoso?. O Breviario da Catedral de Lugo, do século XIII, inclúe o Oficio de San Froilán con 9 leccións propias. Se en aquel século houbese tradición de tan estupendo caso, _como non po_elo entre os demáis que alí se contan?”._(5) _Nos seis séculos que mediaron entre o feito e a súa representación no coro da catedral leonesa, no cal aínda se traballaba en 1467, non hai que saibamos o máis insignificante testemu_o nin o menor vestixio de que existise en León, ou en calquera outra parte, noticia, nin crenza, nin tradición de tal miragre. Pero se en el non se creese, _como o escultor ousaría colocar xunto á figura de San Froilán a figura dun lobo cargado de libros?_Nin como a corporación capitular e o pobo llo houbesen tolerado?_._(5) _Posiblemente a primeira vez que aparece o lobo é precisamente no coro da catedral leonesa, gótico, do século XV: Considérase feita por artistas chegados de Flandes__(Julio Prado) Se Xoan diácono non menciona a lenda de Froilán e o lobo, ben puidera ser porque a lenda aínda non nacese, ou tamén porque - ó resultar o relato incomple-to, non chegarlle o espacio - non a dese influído no texto. Sexa como fose, é o punto -lenda ou non- máis co_ecido referente a San Froilán, e na inmensa maioría das súas representacións figura un lobo como acompa_ante do santo. E - como queren os conformistas - _se non é vero, é ben trovato_. Froilán, para nós, é pastor de almas pero tamén de feras, domesticadas no amor. Tan común é a costumbre de representar a San Froilán co lobo, que unha das poucas representacións sen el, é precisamente a de Ruitelán, e eso a pesar de que _alí transmítese de xeración en xeración que a fera o asaltou nunha das viaxes que facía desde Leon a Lugo___(7) A razón de Ruitelán é clara: é unha estatua transformada. A saber se o mesmo ocorrirá no Seminario leonés, onde hai unha estatua na que tampouco aparece o lobo. Pero son moi poucas as que o omiten. Sobre o lugar onde puidera ter sido este prodixio, tampouco hai moita coincidencia. Ademáis de Ruitelán, fálase de diversos lugares da xeografía vital do Santo, entreles Robles de Vegacervera, onde houbo en tempos unha Cofradía do Santo. E naturalmente, Valdorria, onde hai firme convicción sobre este feito. |
| FROILÁN, BISPO _por fin, á forza, deixouse ordenar para a sede de León”. Para J. Croisset, que o publicou no Año Cristiano, Froilán foi “un dos máis grandes bispos que tivo a Igrexa en España_. O bispado de Froilán foi en León, cidade _conquistada ós musulmáns hacia o ano 750 por Alfonso I, pero non foi repoboada ate os tempos de Ordo_o I (850-866). E a repoboación, como puntualiza a Crónica de Alfonso III, fíxose con continxentes asturianos e mozárabes”. (6) Nunha escritura do ano 904, figura como asinante Mauro, bispo de León. _Pero Mauro xa non era bispo de León nin no 899, en que presidía Vicencio; Ti_a renunciado á Mitra, o que non lle impedía, por ser así costume entón, autoriza-los instrumentos co título do seu antigo Bispado. San Rosendo, despois de retirado ó mosteiro de Celanova, seguía asinando nas escrituras como bispo de Mondo_e-do.../...e así por aquel tempo facían os bispos que renunciaban ás dióceses.../...polos moitos exemplos que hai de que nun mesmo documento asinen dous ou tres bispos nunha diócese, dos cuais un gobernábaa e os outros gobernára-na antes__(5). Por aqueles tempos a CURIA REGIS - o Consello de Ministros diríamos hoxe- estaba integrada tamén por bispos e abades. O abade de Tábara, por eso e porque co_ecía como ninguén o estado agrícola, social e relixioso daquelas comarcas, interveu, sen dúbida, repetidas veces nas deliberacións do órgano consultivo do Rei. E o Rei foi encari_ándose con el. Amador Vázquez Valcárcel indica que _a sona de santo acompa_ouno se non desde a súa mocidade, certamente desde a súa madurez, xa que o rei Magno (866-909) quixo facelo bispo de Leon en data anterior ó 900, que non podemos concretar xa que a diócese quedou vacante en 875, 878, 899 e 900”. _Vacante a sé bispal o ano 900 (Non se sabe se por morte ou renuncia do Bispo Vicencio, que en abril do mesmo ano asiste ó Concilio de Oviedo), o pobo leonés promoveu un clamor diante do pazo de Alfonso III, recén instalado na cidade, para que ocupase a silla bispal o abade de Távara, Froilán. O rei encheuse de ledicia oíndo este clamor, porque tamén el desexaba ter perto de sí ó santo frade_ (6). “Tiña entón San Froilán sesenta e oito anos de idade, e atopábase cheo de merecimentos, e na plenitude da súa gloriosa fama”. _Enviou o Rei un emisario da súa confianzza, que atopou na porta do convento ó propio San Froilan; pero crendo sería o porteiro, pidiulle permiso para entrar a visitar ó abade e díxolle o obxecto polo que quería velo. O finxido porteiro púxose a dicir tales cousas contra o Santo, que o enviado do Rei xulgou inutil pasar adiante e volveu contar ó seu se_or a equivocación padecida ó designar para Bispo a un relixioso de quen os propios súbditos ti_an formado tan triste xuicio. Mandou o Soberano outra vez o mesmo correo con máis persoas para que trouxesen ó Abade de Moreruela; e xúlguese a sorpresa do primeiro embaixador cando observou que o que tan mal antes ti_a falado de San Froilán era nada menos que San Froilán. Engade o bo Pai Atanasio que o santo Abade foi a León para ante o Rei protestar do seu nomeamento, e nada puido conseguir; que se lle consagrou en Moreruela; que houbo que ordealo de crego primeiro, porque nunca quixera recibir órdes sagradas”. (5) _Impú_ase facer preceder á consagración episcopal a presbiteral ou a do diaconado incluso, se é que tampouco a tivera recibido, xa que desde os comezos da Igrexa estaban desautorizadas as chamadas ordenacións _per saltum_, sendo o Concilio de Sardes o que no ano 347 decreta que un crego non poida ser elevado ó episcopado, senón por graos, e despois de ter recibido as ordes inferiores, no caso de que o bispo electo fose un simple seglar___(7) _A misión que levou a Tábara ou Moreruela á embaixada real ti_a non só como finalidade comunicar a San Froilán a súa designación para a sede de León, senón participar igualmente ó presbítero e prior San Atilano a encomenda que lle facía tamén Alfonso III para que asumise o episcopado da recen conquistada cidade de Zamora, tamén elevada á categoría de Diócese_. (7) Aquel Pentecostés do ano 900, na Igrexa Monacal de santa María da Régula, deixou outras dúas linguas de lume: unha sobre san Froilán, bispo de León, e a outra sobre o seu discípulo, San Atilano, bispo de Zamora. Estaban unidos polo destino de Deus. E, xuntos, ti_an orientado centos de almas hacia a soedade do mosteiro. Agora, separábaos a vontade de Deus manifestada mediante o Rei. Pero para reunilos, axi_a e definitivamente, no ceo e no catálogo dos santos_. (2) _Froilán volvía tristeiro un día e melancólico da corte leonesa, porque o rei déralle a mitra de León. Contaba daquela sesenta e oito anos, e abríase nun amanecer apocalíptico o novecentos. O báculo pastoral non lle serviría para soster o corpo, inda rexo e vital, senón pra encami_ar almas a Cristo; non había de ser só atributo, senón tamén agulla de orientación”. (1) _Don José González di do noso bispo que _é un vello, pero ansioso. Adícase ó seu ministerio cos brios dun rapaz. Recorre aldeas, cenobios, predica moito. É austero e exemplar_. Por certo que _O biógrafo dinos que Froilán recibiu unha educación esmerada e que na súa madureza foi presentado para bispo polo mesmo rei Alfonso III. Estes dous datos atestiguan claramente que se trataba dunha familia rica e noble, da primeira nobleza do reino. Só os fillos de familiares nobles recibían esa educación e só os nobles eran nomeados bispos_(6). _A consagración de San Froilán tivo efecto no primeiro ano do século X: A historia súa escrita na Biblia gótica do arquivo da Catedral de León remata coas palabras _Hic vir sanctus_, deixando incompleto o sentido. Pero no breviario de pergameo en folio desta Catedral, onde se atopa sin discrepar nin un punto a mesma relación, proséguese ata o remate, finalizando deste xeito: Vixit annnos septuaginta tribus; quinque ex eis episcopale gessit officium. Obiit era DCCCCXLIII. O que fai deducir que as leccións deste antiquísimo breviario e as páxinas referentes a San Froilán insertas na Biblia Gótica copiáronse dun mesmo orixinal, onde a vida estaba rematada do xeito que levamos dito. Agora ben, se San Froilán foi cinco anos bispo e morreu o ano 905, ou sexa na era 943, séguese que sentou na sede lexionense o ano 900”. (5) _Cinco anos nada máis botou no bispado; e ó cabo deles entrou no gozo de El Se_or, o cinco de outono do 905. O santoral enriqueceuse cun novo valor; Galicia conta nel con un fillo dos máis esclarecidos; e a Diócese de Lugo teno por gloria e por padroeiro___(1) Precisamente na Diócese leonesa estanse a preparar os actos en memoria de San Froilán, co gallo do 1.100 aniversario da súa entronización na Sé de León. O DON DA PROFECÍA O breviario gótico leonés, sobre o bispado de Froilán, sinala: “Este varón de Deus, cheo do Espírito Santo, empezou a predecir o futuro de toda a rexión, as guerras, as enfermidades, a fame, que virían. Ó mesmo rei, e ó clero todo, e ó universo pobo, constantemente lles anunciaba, como un profeta, o futuro. San Froilán, ó Clero e ó pobo en xeral, e en particular a cada persoa, vaticinaba como profeta o que había de suceder, e todos experimentaban a verdade dos seus anuncios; e engade o seu historiador que predeciu como viría sobre aquela rexión a enfermidade, a desolación, a pestilencia, a fame...” (5) _De tódalas profecías que fixo, foi moi sonada a que se refería ó seu gran amigo Alfonso III. Ninguén podía sospeitar que os últimos anos do Rei ían estar acibarados con traicións e disgustos, e de quen menos podía temerse, da súa mesma familia. Xa en 883 conspiraron contra el seus irmáns, que foron condena-dos a pena de perpétua cegueira. O seu consogro Nuno, o conde de Castela, non descansou ata po_er ó infante don García enfrente do seu pai. A súa muller dona Jimena azuzaba ós seus fillos, intrigaba cos condes, e ata aqueles castelos leoneses de Luna e de Arbolio viron ergue-lo brazo da traición contra un monarca que non fixera máis que ben a todos_. (J.González) Venceu o Rei ó Infante don García e aprisionouno; logo deixouno libre, non puido con aquel rasgo de xenerosidade vencer a súa inexplicable rebeldía. Dous anos durou a guerra civil, xa que os conxurados traidoramente se fixeran donos da linea de fortísimos castelos que o Rei levantara para deter as invasións dos mouros. Grande don Alfonso sempre, non querendo prolongar unha situación de que tantos males á patria se seguían, puxo en mans do seu fillo maior o cetro que tanto ambicionaba, pediulle licencia para organizar unha expedición contra os musulmáns, e despois de ter visitado como pelegrín o sepulcro do Apóstolo Santiago, humillou novamente os estandartes de Mahoma ó volver cargado de trofeos e de loureiro á súa querida Zamora, de onde San Atilano aínda era Bispo, expirou, deixando un nome preclarísimo á Historia___(5) _San Froilán, que ti_a descuberto a outros a súa futura sorte, tamén co_eceu a súa. Soubo a hora en que ía morrer, e antes de chega-lo día, _convocou a tódolos seus discípulos, así monxes como cregos; exhortounos a garda-los divinos mandamentos, instoulles a que perseverasen no exemplo da santa disciplina, e ordeou que cada un permanecese no estado e gracia que ti_a sido chamado, despois do que lles manifestou o día e hora en que ía de morrer_.(5) _Na documentación medieval non se especifica a enfermidade que levou á morte ó noso Santo, nin tampouco posuimos outro dato fóra do da ancianidade, posto que contaba xa 73 anos, idade verdadeiramente avanzada para aqueles tempos, en que abundaban as mortes prematuras ou ben cedo_. (5) Aquela santa alma saíu do corpo, penetrando no ceo entre coros de anxos. O seu cadaver foi sepultado no mausoleo que para sí tiña reservado o Rei Alfonso, na sede lexionense. Tres, catro ou cinco de outubro do ano 905 tivo lugar a morte do santo, segundo diversos autores. Inclinándose a Igrexa pola do cinco de outubro, sendo a data elixida para a súa festa, que reviste especial brillantez en León e Lugo. As expresións con que na Vida do Santo se pondera o efecto que produciu a nova da súa morte son en verdade conmovedores e revelan claramente o gran agarimo e a veneración filial que o historiador lle ti_a. _O clamor dos que xemían enchía os aires; as voces de dor facíanse oir de moi lonxe; a cidade encheuse de alaridos, de aies e de prantos; por rúas e prazas non se oían senon berros desgarra-dores; o pobo todo reuniuse dando voces ó ceo e dicindo: _Como nos deixas, oh, Pai? _como abandoas a grei que che foi encomendada?. Enviaronse emisarios a diversas partes, e de todas concurriron ó punto as xentes saloucando coa maior amargura, sen poder atopar consolo. Todos o amaban, todos lle ti_an agarimo, todos querían estalo vendo sempre. En antigos Leccionarios refírese que durante a súa enfermidade, e nos seus últimos momentos, acudiron moitos enfermos a velo e outros se encomendaban a el desde os seus leitos de dor, e a Omnipotencia divina, por intercesión súa, e pola fe que nel ti_an, obrou entón gran número de miragres. Autores antigos, como o adicionador de Bucelino, contan outra cousa que é moi verosimil: que _habendo recibido os Sacramentos, foi con sinais de Santo para cidadán da Groria; porque houbo un olor suavísimo no seu aposento e ós moitos días que estivo na igrexa sen poderlle dar sepultura, atopábase o corpo tratable, oloroso e milagroso para cantos chegaban a toca-lo féretro_. Felipe Ferrario, no Catálogo General de los Santos, asegura tamén que San Froilán fixo moitos miragres despois de morto, pero non di en que se funda para asegura-lo_(5). "Fora do escrito tomado da Vida escrita polo Diácono Xoan, o único dato seguro sobre o Santo Bispo consta nunha escritura pola que Don Alfonso Magno, o ano 38 do seu reinado, en 20 de febreiro do ano 905, doou á Catedral de Oviedo un castelo próximo, varias posesións e moitas alfaias. Nela aparece que San Froilán estaba entón en Oviedo..../... Despois dos Reis e dos Infantes asinou Gomelo, bispo de Oviedo, e a continuación San Froilán deste xeito: Sub Christi nomine Froylanus, Legionensis Episcopus. ../...Este documento acredita o agarimo que o Rei profesaba á igrexa de Leon e ó seu bispo San Froilán, porque lle concede unha mitade de tódalas igrexas que había in términis Astoricae usque in flumen Carrione in loco ubi nascitur et usque se jungit in Pisorga et usque Zamora___(5) FROILÁN, SANTO _Non houbo ninguén que, oída a súa predicación, ó instante non se convertise ó Se_or ». "Era pequeno de corpo e flaco de carnes, como convén a un apostol. As súas tallas de sillería dos coros de León e Lugo, dan idea de ser un home de rexa vontade, tan presto para evanxelizar ós humildes, como para erguer o caiado bispal en espresión conminatoria contra os grandes. Así, aquelas figuras venera-bles, afeitas á penitencia, vian caer ós seus pes a centos de persoas convertidas pola forza da súa voz___(1) O que antecede, escrito por Frei Gumersindo Placer, non encaixa coa realidade das dimensións dos ósos que se conservan, pero o erro está -ó parcer - baseado na traducción literal da palabra latina _corpusculum_, que contrasta co que sobre o tema sinala López Peláez: "Do patrón de Lugo só nos consta que era de axigantada estatura, o mesmo que dixemos de seu irmán, se é seu o cadaver enterrado na basílica lucense. Xoán Diácono e os Breviarios antigos copiaron neste, como case en todo, as súas palabras, e ó dicir que foi sepultado o seu corpo, chamoulle a este corpusculum, nome que non pode traducirse por corpo pequeno ou corpo endeble, e ten que tomarse como expresión de agarimo, no senso en que a empregaban os mesmos escritores clásicos latinos. A tibia de San Froilán que se trouxo á Catedral de Lugo, ti_a media vara de longo. E os que examinaron os osos existentes en Moreruela deron testemu_a de que pertencían a un home de grandísima estatu-ra___(5) O culto a Froilán por parte do pobo comezou desde o mesmo momento da súa morte. E a Igrexa, con posterioridade, non fixo máis que aceptar aquel fervor popular e reco_ecer que Froilán era santo porque as súas xentes, os seus diocesa-nos, así o decidiron. Proba desto tamén é o feito de que Xoán Diácono “se vexa obrigado moi cedo, no ano 920, de escribi-la súa vida”.(7) _O P. Risco anota que é antiquísimo o culto co que a Igrexa de León celebrou a memoria do seu Santo Bispo, e que se pode creer, que a súa veneración ven do mesmo século e tempo en que morreu.../... O Breviario aprobado por San Pio V nunha das súas leccións asegura, que o mesmo que San Atilano, foi Urbano II que gobernou a Igrexa entre os anos 1042 e 1099 quen o incluiu no catálogo dos santos. De ter sucedido así, o Papa limitouse a reco_ecer o plebiscito a favor da súa santidade feito por distintas igrexas locais, como as de León, Lugo, Composte-la, Burgos, Palencia, etc…(7) "Non hai constancia de que a Santa Sé dera decreto algún relacionado coa súa beatificación ou canonización, alomenos do xeito que actualmente se fai. Limitouse a aproba-lo culto que de antigo se lle daba, así como as lecturas que tiñan que empregarse no seu culto litúrxico que chegou a ser obrigatorio na Igrexa universal, e festa con octava en Espa_a”. (3) "O noso bispo morreu en Leon o ano 905, en olor de santidade, como se desprende da súa primeira biografía. Pero o seu culto litúrxico debeu encontrar algunhas dificultades. Polo visto, naqueles tempos, non era doado introducir un novo nome nos calendarios, e un novo oficio nos libros chamados Antifonario, Leccionario, etc… O noso santo non figura no Antifonario escrito en León na primeira metade do século X, uns trinta anos despois da súa morte, e nin siquera nas adicións feitas ó mesmo a fins do século XI. Tampouco figura nos Kalendarios leoneses do século XII. De aquí podemos deducir que o seu culto litúrxico non foi introducido antes da traslación das súas reliquias de Moreruela á catedral, hacia 1175. E nefecto as primeiras testemu_as dese culto datan de fins do século XII, pois desa época son tanto o Leccionario leonés, como o Breviario lucense, nos que xa figuran as súas Leccións e, no último, o seu Oficio_. "A fins do século XI, Pelayo, bispo de Oviedo, fala xa de San Froilán, Obispo_. En 1573, o papa Gregorio XIII, establece a festa de San Froilán, e menciónao como falecido no século X. Da Diócese de Lugo, segundo Pallares, foi declarado Padroeiro o 12 xu_o de 1605 por Decreto da Sagrada Congregación de Ritos, e alomenos desde entón hai noticia do seu culto na Diócese e cidade_. (3) |
| CAPELAS, COFRADÍAS E PARROQUIAS Lugo conta na Catedral con capela adicada a San Froilán desde o século XV ( parece ser que entre 1475 e 1480). Sería unha capeli_a pequena, na que estaba situado o sepulcro do seu promotor, Don Gómez García de Gaioso. Logo, no 1611, esta capela sería aumentada coa de Santo Domingo dos Reis, para formar a actual capela do Pilar, así chamada pola imaxe alí instalada en virtude de legado destinado ó efecto polo contralto aragonés don Simón Berges, e un retablo e un altar na honra da Pilarica, obra de Luaces. "O bispo Armanyá, en outubro de 1773, en vista de que a capela absidal de Santiago non era apta para as funcións parroquiais ás que estaba destinada, pensou en construir outra e nela coloca-lo Santísimo Sacramento para telo máis expedito para as necesidades pastorais, e poder adicar aquela a San Froilán. Pero a iniciativa non tivo éxito pola oposición do cabildo, o que debeu de cambiar de opinión posteriormente xa que en xu_o de 1785, meses despois de ter sido promovido Armanyá a Tarragona, acordou colocar unhas reixas de ferro na porta existente entre a Catedral e a Capela que se estaba construíndo_. (3) En 1850, Santiago pasou á Nova e San Pedro á capela do convento de San Francisco. Na actualidade leva o nome de Capela de San Froilán unha, separada da anterior por dúas dependencias da Catedral, na que están situadas a imaxe do Santo e os tres medallóns, todos eles obra de Manuel de Luaces. Nela atópase o chamado Sepulcro de San Froila e una vidrieira coa imaxe de San Froilán. No fondo desta capela gárdanse as imaxes das Cofradías do Bo Xesús e do Santo Cristo do Perdón. Nas terras leonesas non hai Capelas ó xeito da de Lugo. Sí houbo en tempos Capelanías de San Froilán en Vegacerneja (fins do século XVI ou comezos do XVII), e na igrexa parroquial de Villanueva del Carnero. E cofradías de San Pedro e San Froilán en Sariegos, Llanera e Robles de Vegacervera. Tamén en Lugo houbo unha Cofradía, dúas veces centenaria. Creouna o bispo Valdemora na Catedral en 1610, precisamente o ano no que caiu na Catedral un raio que fixo considerables desperfectos sen causar víctimas. Esta cofradía desapareceu hacia 1834”. _(Na Cofradía) ó comezo,como sucede sempre, había moito entusiasmo. Acordaron que tódolos prebendados darían dous ducados de entrada, que todos os que lles sucederan se obrigaban a ser cofrades, e que non se lles dera posesión mentras non pagaran estes ducados___(3) Segundo Amador López Valcárcel, o entusiasmo inicial decaíu pronto. En 1639 non houbo festa porque Sancho Méndez, cofrade seglar, se resistiu a ser mordomo. En 1641 tampouco había mordomo seglar e houbo que nomear dous capitulares para que compu_eran a capela do Santo, facendo a procesión sen danza. En 1672, Frei Juan Asensio reformou as constitucións da Cofradía de San Froilán da Catedral, corrixindo algúns abusos que se daban na celebración das súas festas... Sucedéronse diversos problemas, especialmente porque o Concello non nomeaba mordomos seglares. _A vida da cofradía segue con bastante languidez durante a primeira metade do século XVIII. Co pretexto de que en xullo de 1772 o Rei Carlos III prohibiu disparar cohetes nas festas, acordou que o mordomo entrégase ó fabriqueiro da catedral 1.650 reais para sufraga-las festas relixiosas. En maio de 1833 o bispo, se_or Sánchez Rangel, reduciu a 600 reais esta cantidade, e desde este momento pérdese de vista a Cofradía catedralicia de San Froilán”. O que sí pervive na actualidade, tanto en Lugo como en León, é cadansúa parroquia adicada a San Froilán. En Lugo, xa con tradición máis que centenaria. En León, moito máis recente. A parroquia de San Froilán en Lugo é _a única adicada a este Santo na Diócese de Lugo. Creada ós dez séculos da súa existencia terrea. Erixida nesta cidade como consecuencia do arreglo parroquial do ano 1891, asignóuselle como sé a antiga igrexa do Hospital de San Bartolomé ou da Congregación de San Xoan de Deus, como aínda se lle chama entre as persoas non precisamente vellas”. (3) Unha imaxe de San Froilán situada en lugar preferente do altar mayor sinala que aquela é a parroquia do Santo Padroeiro da Cidade e Diócese lucense. Polo que a León se refire, a parroquia de San Froilán naceu en 1975, cando o bispo Larrea y Legarreta creou a parroquia de San Froilán, nun baixo na rúa Frei Luís de León. Na actualidade, a parroquia leonesa de san Froilán (tamén co_ecida como La Chantría) conta cun moderno templo no que á beira do seu altar se venera unha talla do santo. E cada cinco de outubro, celébrase festa relixiosa e popular a San Froilán. Volvendo a Lugo, e para pechar este capítulo, hai que facer constar que se foi posible contar cunha parroquia adicada a San Froilán, non o foi - a pesar das diversas tentativas- contar cunha capela no lugar onde se supón que foi o seu nacemento: un anceio desde hai máis de 300 anos. Xa o 4 de xullo de 1651, o bispo don Francisco de Torres Sánchez Roa, manifestou ó Cabildo a súa intención de facer unha capela na honra de San Froilán no lugar onde naceu, polo que encarga busquen nos papeis antigos os datos necesarios para fixa-lo seu emprazamento. O prelado quería honrar deste xeito ó santo porque se atopaba desahuciado polos médicos, e _ten por certo que a súa saúde tena por medio do se_or San Froilán_. Pide ó Cabildo que ceda o terreo correspondentemente mediante a compensación oportuna. Pero todo quedou só no seu bo desexo xa que faleceu o 14 do mesmo mes. A seguinte tentativa correu a cargo do Bispo Francisco Armanyá que recibiu a negativa capitular ó seu proxecto de construcción da capela de San Froilán. Por fin, en 1746, o Dean Anguiano _informou ós seus compa_eiros de Cabildo sobre a oferta que un devoto facía de 100 doblóns para construi-la capela do Santo. O proxecto fracasou porque, despois de tres anos de loita, o doante - diante da tardanza - gastou os seus doblóns en outras obras piadosas_. SANTA FROILA A tradición quere que Santa Froila, que sería a nai de San Froilán, morta cando este era frade no convento de Tábara, estea soterrada nun sepulcro na capela que hogano se chama de San Froilán, da Catedral de Lugo. _Chámaselle sempre Dona Froila, e o título de don indica a súa nobleza, xa que non era entón cando significaba baixeza de orixe ou se reservaba para os xudeus, sendo causa de que por humildade o adoptasen os frades. O sepulcro, magnífico, é unha proba do ilustre da súa alcurnia e da abundancia de bens da súa familia, ainda que moita parte para erixilo puido te-la devoción dos fieis”. (5) Este sepulcro - que García Conde consideraba a tumba de Odoario - foi calificado de _curioso_ por Murguía, é _interesante_ para López Peláez, _digno de mención_ para López Ferreiro, e _de labra arcaica e maxistral_ para Vázquez Saco. Pertence ó segundo periodo da escultura cristiana, e probablemente se labrou antes do século XII. É de riquísimo alabastro e na cuberta ten a figura unha muller espida totalmente e tendida sobre un lenzo. Unha man aparece no aire, sinalando aquel rostro fermosísimo, no que os ollos pechados diríase que miran ó ceo a través das súas pálpebras de pedra. Un anxo, de fermosa cabeza na que se apoia a santa, sostén e eleva unha punta do lenzo, colocado inmediatamente sobre a tapa da sepultura, e outros dous cóllena polas mans e os pés en actitude de levala consigo. A un extremo, un frade sentado, cun libro aberto sobre os xionllos, contempla a escea como en éxtase. Cantos o ven pensan ó momento no santo fillo de dona Froila___(5) _Monumento tan inapreciable para a arte e para a historia estivo centos de anos erguido vara e media do chan e metido na metade da parede do coro, ó lado do Evanxeo, perto de onde se atopaba a pía da auga bendita. O Bispo López Gallo, ó ensanchar, a comezos do século XVII, a capela do Santo, trasladou a esta o sepulcro da Nai. O P. Lobera, na Historia de San Froilán, advirte que non hai memoria de terse aberto nunca o sepulcro de súa nai”. (5) Opina Jaime Delgado que se en principio o sepulcro foi prerrománico, avanzado o século XII este sepulcro foi _fermoseado_, _ben para revalorizalo, ben para reutilizalo_. E así nunha das súas lisas vertentes esculpeuse a fermosa e xa co_ecida escea da alma levada polos anxos ó ceo_. Gosta este autor de respeta-la tradición ou lenda e acepta que sexa o sepulcro unha _plasmación do santo e sabio solitario e despois bispo lexionense, san Froilán, que de súpeto se ve sorprendido por unha visión. E así interrumpe o seu estudio-meditación para ver como os anxos levan ó ceo a alma da súa nai Santa Froila_. Conclúe Delgado Gómez que este sepulcro tal como agora está, é unha obra de dúas etapas diversas. Unha altomedieval, á que pertence a súa estructura, e outra de embelecemento esculturado realizada probablemente na segunda metade do século XII. O sepulcro tivo un primeiro destinatario, que debeu se-la nai de San Froilán, Santa Froila. Logo, no século XII, foi reutilizado para outro gran persoeiro, que probablemente foi o bispo Juan I_. _(Risco) di, tomado, aínda que non o diga, de Pallares, que este Prelado quixo abrir o sepulcro de Santa Froila e por xustos motivos non o fixo. Esto tomouno Pallares de Lobera, que escribiu en 1598, ou sexa medio século despois do pontificado do Sr. Tristán. Ogallá o tivera feito, pois Froila non é nome de muller, e esa tradición é un dislate_ (4). _Escritor tan xuicioso como o P. Angel Manrique atestigua que por interce-sión de Dona Froila ten obrado Deus moitos miragres. Un historiador de tan severa crítica como o foi o P. Risco asegura que _os fieis te_en frecuentado sempre con gran devoción este sepulcro, e te_en por certo que alí obrou Deus grandes marabi-llas nos enfermos que pediron a saude por intercesión da santa_. Autores antigos daban testemu_a de que se lle reco_ecía por especial avogada dos enfermos de dores de cabeza e moas”. (5) O coengo lucense D. Juan Pallares e Gaioso, na Historia de Santa María de Lugo de los Ojos Grandes, que escribíu no século XVII, sustenta a tese de que o culto de Dona Froila é de santidade canonizable. Apóiase para elo nun Breve de Urbano VIII, de 1625, e na autoridade do P. Azor. Engade que según a opinión común dos doctores, _con miragres e marabillas se reforza a canonización equivalente, de tempo inmemorial veneran os fieis por Santa a Santa Froila, e ofrécenlle cultos de agradecidos ós favores que do ceo reciben pola súa intercesión. Prosegue que _se antes da prohibición de Alejandro III os bispos nas súas dióceses tiveron facultade para canoniza-los santos propios... antes do ano 1159 en que foi elixido Alejandro III houbo a expresa ou tácita da Sede apostólica, e calquera delas abonda_, ó reparo de que só a inmemorial tradición de santidade é a que ten, conforme ás últimas declaracións pontificias, a aprobación da Sede Apostólica, responde que en elas mesmas se advirte _non se-la súa intención perxudicar ós santos que se veneran por común consentimento da Igrexa, ou por inmemorial transcurso do tempo; co que o culto de Santa Froila, de tempo inmmemorial e antes de Alejandro III, publica a súa santidade_, e para probar que o culto de Dona Froila é culto público, fúndase nas palabras do Trulense, de que _po_er no templo en público as reliquias para adoralas, é culto público_, e na doctrina de Contelano, autor do Tractatus de Sanctorum canonizatione, quen califica de culto público, non só o que se da no nome da Igrexa senon o que se fai por particulares, con tal de que sexa en lugar público. Noutra parte do libro refire que vira os osos da nai de san Froilán e que _despiden fragancia_.../...E aínda puidéramos dicir que a crenza na súa santidade consta no feito de tela enterrado no templo; pois, segundo demostra o Sr. López Ferreiro no seu libro Tradiciones Populares Acerca del Sepulcro del Apostol Santiago, aínda no século XII se observaba o canon 18 do Concilio Bracarense que prohibía dar sepultura ós cadáveres nas igrexas”. (5) Amador Vázquez Valcárcel nega rotundamente que alí estea sepultada Santa Froila, e eu plégome ó seu saber, pero recollo todo o indicado porque tampouco son eu quen para silenciar o que antecede. RESTOS DE SAN FROILÁN En Febreiro de 1996, os leoneses levaron unha afortunada sorpresa. Nunha arqueta da catedral apareceu o sudario que cubreu os restos de San Froilán, e que aínda conserva as pegadas do corpo do Santo. Durante as obras de remodelación do Museo Diocesano e Catedralicio de Leon, o seu Director, Máximo Gómez Rascón, observou que unha arqueta do século XVII, tallada en homenaxe a San Froilán, ti_a a parte inferior desprendida. Cando se procedeu á súa apertura, apareceu o sudario do Santo, que se coidaba estaría entre as reliquias que se conservan nunha furna situada no presbiterio da Catedral. O lenzo, de li_o, ten máis de dous metros de longo e de ancho, cunha cenefa duns 19 centímetros, na que aparecen técnicas de tapicería mozárabes, propias - segundo se dí - do século X e que dan idea da relevancia que Froilán acadou, xa que este tipo de ornamentación e tecidos, reservábase para os persoeiros verdadeira-mente relevantes. O Director do Museo leonés indica que, desde comezos de século, sabíase da existencia dun sudario de fío branco de 2,77 en cadro. Unha delicada cenefa tecida con sedas de cores corre ó longo dunha das beiras do lenzo, que se atopa atado con dous cabos de fio dos que pendía un selo de cera_. Sepultado na catedral de León, no sepulcro que Alfonso III o Magno ti_a reservado para sí mesmo, os seus restos pasaron logo á nova catedral, coincidindo coa coroación do Rei Ordo_o II o 914. (Hacia o ano 916, din algúns autores) . _O biógrafo indica por fin, que o santo Bispo foi sepultado na mesma cidade de León, nunha sepultura mandada facer por ou para o mesmo rei. A frase é ambigua, e pode encerrar ámbolos dous sentidos. Coido máis probable que se trata dunha sepultura construída por orde do Rei para o santo Bispo. Parece maís dificil pensar que o Rei, en canto chegou á cidade, dispuxera o seu propio enterramento. Esto supo_endo que o latín empregado por Xoan non é sempre correcto”. (6) Cando ó remate do século X (990 ó 992) Almanzor destrúe a cidade, as reliquias do Santo pasaron por diversos mosteiros asturianos, para logo ser depositadas na igrexa de San Juan de Valdecésar, cedida polos reis Ordo_o e Elvira ó abade Servando para que se edificase un mosteiro en lugar que o Santo ti_a habitado. Diante do perigo de invasión de Almanzor, as reliquias de San Froilán trasladáronse “non ós montes de Navarra, como escreben alguns autores enganados cos vocablos de Pyrineos e Valdecésar, que usan os nosos antigos, senón a unha das montañas de Leon, en que estaba fundado o mosteiro de Valdecésar. Posadilla, sen citar fonte, adianta o traslado ó ano 992". (7) Por fin foron levados parece que clandestinamente (alomenos non se co_ecen as razóns) ó mosteiro zamorano de Moreruela, o que veu producir un pleito entre os frades deste Mosteiro e o Cabildo Catedralicio de León por conservar aqueles restos. _Hasta agora ignórase quen fixo esta violenta traslación contra a vontade e o dereito da cidade de León, lexítima posuidora daquelas sagras reliquias. Os cistercienses deste mosteiro atribuiron este feito a dona Berenguela, filla de don Sancho o Poboador, segundo Rei de Portugal, e irmán de Santa Teresa, a muller do rei Don Alfonso IX de León, e engade _pero esto dise sen máis fundamento que a grande devoción daquela se_ora á Orde do Cister e particularmente á casa de Moreruela. A voz común - conclúe- di terse feita a traslación por unha Infanta ou Princesa; pero non se pode asegurar quen foi, como tampouco o ano en que esto sucedeu_. (7). _Alí permaneceu ata que o botaron de menos os de León, non pasado algún tempo, como di Risco, senón moito máis dun século; xa que ata o reinado de Fernando II non comezaron as xestións para recabar, de mans dos Cistercienses, aquel inestimable tesouro de que ti_an sido fraudulentamente desposuidos___(Díaz-Jiménez) Foi o Cardenal Jacinto, Legado Papal (logo Papa Alexandre XII), en 1191, quen ordenou que os restos de San Froilán se dividisen en dúas mitades para contentar a ámbalas dúas partes: A igrexa de León e o Convento de Moreruela. "O certo é que hacia 1175 as reliquias atopábanse neste convento zamorano, porque Lucas de Tui atestigua que de alí foron trasladadas, alomenos parcialmente, á catedral de León, hacia eses anos. Non precisa este escritor a data exacta cando di: _En aquel tempo (referírase antes á época do bispo Manrique 1181-1205), ocurriu unha cousa maravillosa. Traguendo do mosteiro de Moreruela para León o corpo de San Froilán con grande pompa e aparato, como santo tan glorioso convi_a, en todo o cami_o por onde traguían os sagrados osos, e arredor, chovía mel, en tanta abundancia que chegaba afluir en regatos das árbores e dos cabelos de homes e animais___(6) En León celébrase cada 11 de agosto a conmemoración do traslado destas reliquias, que se conservan nun sepulcro colocado no retablo maior, e un friso da portada da Catedral reproduce a chegada a León dos restos do Santo. Esta Catedral conserva, así mesmo, o caliz e as vinaxeiras que Froilán utilizaba cando dicía misa. As reliquias de San Froilán, despois da súa chegada a León, non consta onde estiveron depositadas, se ben cabe pensar que nun relicario digno e no Altar Maior, ata que no ano 1519, por non parecer o máis axeitado o anterior de prata, o tesoureiro Pedro Juan encargou outro máis suntuoso aproveitando a vecindade de Enrique de Arfe en León e que se rematou o ano seguinte, e se co_ece na docu-mentación da Catedral como Arca de San Froilán,e que é fundamentalmente a que hoxe está exposta no Altar Maior. (7) O Cabildo lucense desexaba que en Lugo houbese algunha reliquia do Santo lucense, padroeiro da Cidade. Froito de diversas xestións, _en Abril de 1614, tráese de Moreruela unha reliquia de San Froilán, venerada desde entón na Catedral.../...Contan as crónicas que o Bispo recibiuna vestido de pontifical na ermida de San Roque, desde onde a trouxo procesionalmente ata a capela maior da Catedral, acompa_ado do Cabildo, relixiosos, Rexedor da Cidade (Fernando Sanjurjo), e pobo en xeral.../...Así mesmo á Catedral de Lugo vi_eron uns corporais que o santo usaba para misar. Estas reliquias gárdanse nun brazo de prata, colocado verticalmente, coa man en actitude de bendecir, que ostenta un anel entregado polo P. Frei Plácido Rei Lemos. Poden ser veneradas polos fieis co gallo das festas do santo, desde o catro de outubro ata a octava da súa festividade”. (3) Cando a exclaustración, a mediados do século XIX, os restos que se atopaban en Moreruela voltaron á catedral de León. AS FESTAS NA HONRA DO SANTO Amador Vázquez Valcárcel, Secretario xeral do Bispado de Lugo e prestixio-so historiador da Diócese sinala que é problemático situa-lo _comezo do culto a este santo na cidade e Diócese de Lugo. Non é temerario afirmar que o testemu_o histórico máis antigo de que dispomos do comezo do culto a San Froilán, atópase aquí nun valioso códice que se garda no noso arquivo capitular, co_ecido entre os entendidos na materia polo apelativo de Breviario Lucense, ainda que outros prefiren chamalo Misal. As dúas denominacións lle son aplicables, xa que na súa estructura se atopan as características de que participan ámbolos dous intrumentos litúrxicos. É un volume escrito con letra gótica monacal en 427 follas de pergameo, de 27 por 17 centímetros, encadernado con tapas de madeira de carballo recubertas de coiro. Cóidase confeccionado no século XII ou ó sumo no XIII. Nesta última parte é onde se atopan os textos relativos á festividade de San Froilán,o que non quere dicir que o culto non estivera xa introducido antes nesta Igrexa. Pallares informa que, en virtude de disposición emitida pola Santa Sede en 12 de xu_o de 1605, tódolos cregos seculares e regulares, sen excepción ningunha, debían celebrar a San Froilán como padroeiro deste bispado, ó que o editor de Argos Divina engadiu que desde 1695 celebran a súa festa tódalas Igrexas de Espa_a. O 5 de outubro, celébrase a festa de San Froilán en Lugo e León. E o mesmo día, o de San Atilano en Zamora. Hai constancia desde o século XVII, de existir na capital lucense festa profana e relixiosa na honra deste santo. Xa en tempos do bispo Don Pedro de Castro e Nero (24-9-1601), acordouse celebrar como de Tabla a festa de San Froilán, en base a oficio que se atopaba no Breviario de Pergameo do s. XIII ou XIV. O 12-9-1716, recibiuse carta do Cabildo de León sobre que a Santa Sede fixara a celebración de San Froilán no Santoral para o día 5 de outubro. O 22 de setembro de 1733, tamén do Cabildo leonés, chega a nova de que - tal e como se pedía desde 1697- se dispo_ía que se recitara o oficio de san Froilán con categoría de segunda clase para tódalas Catedrais de Espa_a e coa de rito doble para a Igrexa universal. Na actualidade ten a categoría de solemnidade na Catedral lucense e de festa no resto das Dióceses. Polo que á festa profana se refire, houbo festas (e feiras) na honra de San Froilán en diversos lugares: Valdepiélago, Guardo... Parece ser que a festa sempre se celebrou tanto en León como en Lugo, nos primeiros días do mes de outubro. Pero só en León se celebra a conmemoración da traslación dos seus restos. Na actualidade podemos asistir, na honra do Santo, ás festas de San Froilán, especialmente en León e Lugo. A ocasión festeira máis importante do ano en canto a festa popular, esto é o San Froilán en Lugo. Se o Corpus é a maior festa de Lugo e de Galicia, pola Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado, a festa popular transcorre do 4 ó 12 de outubro. Tradicionalmente eran feiras e festas, pero as feiras foron languidecendo e as festas medrando. Rematadas as faenas do campo era o momento en que a xente campesi_a dos arredores de Lugo e aínda de toda a provincia vi_ese á capital. Hoxe -que todo cambia e todo cambiou- as festas son importantísimo acontecemento cultural, social, gastronómico... Lugo estoupa en festas e as xentes por milleiros invaden a cidade. O día 5, San Froilán, e o Domingo das Mozas, o inmediato seguinte, son as datas máis importantes. Na honra do santo celébrase Misa solemne á que acode a Corporación lucense. E o Alcalde de Lugo, xunto co Presidente da casa de León en Lugo, fan Ofrenda ó Santo no altar maior da Catedral. Para os lucenses, hoxe, San Froilán é sinal de festa. E co nome do santo, co pretexto do Santo, Lugo demostra que está vivo como pobo, e fai demostración de vitalidade que é un xeito de facer demostración de Fe. En León, o día de San Froilán, o mesmo que en Lugo, é festa local. Na Catedral celébrase misa solemne con asistencia das autoridades, reverénciase e bícase a reliquia do santo, sácase en procesión a imaxe e o pendón, e celébrase entre outros festexos un desfile de carros engalanados. E, dentro de León, na parroquia de San Froilán, celébranse como patronais grandes festas na honra do noso (e seu) santo. En Valdorria, as festas te_en lugar no mes de maio, continuación das antigas Rogativas. Na actualidade, consérvase unha ermida no máis alto da comarca de Curue_o, con 365 pelda_os tallados na rocha, un por cada día do ano, que o peregrino debe subir en lembranza dos traballos de Froilán, para chegar á que foi homilde morada do santo. Cóidase que foi a comezos do século XVI cando comezou a crenza de que alí viviu San Froilán. Así, cada primeiro de maio, os habitantes da comarca, presididos polos seus Rexedores, suben en rogativa ó alto do monte honrando ó Santo Froilán. Esta romaría de Valdorria consta desde que Frei Atanasio Lobera dese conta dela (1585) pola visita que fixo o Bispo don Francisco de Trujillo, para peregrinar e decir misa na ermida. Consta a existencia dunha imaxe do santo e unha vella casulla verde, obxectos de especial veneración. Celébrase tamén o día de San Froilán unha romería no Santuario da Virxe da Velilla. Pero a festa maior nas terras de León, ten lugar no que antes era Santuario e hoxe case cidade de La Virgen del Camino, que celebra a Romaría o día cinco de outubro, o día do santo. A festa comezou sendo unha procesión de rogativas á Virxe, levando tamén a Arca de San Froilán, polo que a devoción ó Santo foise incrementando, chegando a eclipsa-la da Virxe e preponderando cada vez máis a do noso santo. Por fin, en Ruitelán, celébrase Romaría na honra de San Froilán, festa á que acoden xentes de todo o Val do Valcarce. DE LUGO A LEÓN: ITINERARIO ICONOGRÁFICO Froilán é algo común -o mellor vencello- entre Lugo e León; símbolo relixioso; símbolo humano - forxado a través da historia e da lenda - nacido en Lugo para a gloria, glorificado en León para maior honra do Señor. As imaxes son símbolo de devoción, de lembranza. Onde haxa pegadas físicas - representacións - de San Froilán, alí en maior ou menor medida segue viva a memoria do noso santo. As lembranzas que nos quedan de Froilán, amósannolo ás veces como un frade, pero as máis con figura de bispo, con mitra e báculo; mesmo o hábito de frade pode aparecer debaixo das vestiduras de bispo. Cada artista ocupouse de recrear un San Froilán, e de asignarlle ó padroeiro de Lugo uns rasgos sereos, varonís, cunha beleza repousada, santa beleza habería case que dicir. Sempre seco ou serio. Algunhas, como apesarado. Chamoume a atención a seriedade que reflicte a imaxe de Froilán, a través das súas representacións... Consulteino con Julio Prado, párroco de Sabero (León), especialista en San Froilán, e indica que moi posiblemente sexa debido ó seu carácter de ermita_o... daquela, a imaxe de ermita_o correspondía á dun home adusto, que escapaba do mundo, que vivía en condicións moi duras, sometido a tódalas privacións. Ese foi o caso de Froilán. A abundancia de representacións do santo permítenos establecer un itinerario pola Iconografía, polas lembranzas físicas de San Froilán, que se o comezamos no lugar onde se supón que foi o Regueiro dos Hortos, teremos que continuar pola Catedral lucense. Na Catedral, na súa fachada principal - que da á Muralla-, recíbenos a xa mencionada escultura en pedra, obra de Santiago Cuatrigas Baamonde, de 1787. Dentro da Catedral, a mellor xoia é unha tabla na sillería do coro, obra de Moure, que o representa segundo Inocencio Portabales - mencionado por Narciso Peinado - _revestido de alba, capa pluvial e mitra. Aparece de frente, calzado, co báculo na man esquerda, na que á vez ten unha cesta feita de bimbios coa tapadeira colgante. Co índice da man dereita, con aneis nos dedos pulgar e anular, sinala cara o chan mentras un lobo con alforxas cheas de libros mira de fito en fito ó que tan imperiosamente lle manda face-las veces de burro de carga. Do alto descenden dúas pombas que se dirixen á boca do vello bispo de León_. Esta talla foi recreada nun magnífico gravado polo artista lucense Castro Gil, e unha copia dela feita en tabla está situada na parte dereita do altar da Capela do Pilar. Con referencia ós cestos de bimbios, algún escritor indicou que o santo sabía aproveitar moi ben o tempo, e no que lle quedaba libre adicábase a confeccionar estes utensilios. Na capela do Santo existen dous medallóns - un a cada lado do altar - representando a súa Consagración como Bispo e a predicación ó pobo. Na predicación escoita un grupo atento. Algún, sentado como sinal de autoridade. No máis alto do retablo, relevo no que o santo está en actidude orante, vestido de frade. As tallas son de madeira policromada, obra de Manuel de Luaces, de 1796. No centro do altar, imaxe do Santo que se coida é de F. Moure. Completa a lembranza de Froilán nesta capela unha vidreira, situada no lateral da capela, na que aparece o Santo co lobo, e as pombas sobre el. Non me resisto a recoller a imaxe existente no chamado sepulcro de Santa Froila, que representa a un frade lendo un libro, no que tradicionalmente se quere ver ó propio San Froilán. Esto, sexa dito con tódalas reservas. _O P. Lobera di que está a figura chea de cera e algo negra das moitas candeas que po_en sobre ela os que alí acoden buscar saúde ou dar gracias por tela recibido. E todos bican e abrazan aquela figura do frade, en reverencia de San Froilán___(5) Na capela maior da Catedral, na parte alta, hai unha vidreira do Santo (identificada como _S. Froylanus_), a segunda á esquerda mirando hacia o altar maior, na que figura o Santo coas dúas pombas, tiara e báculo. Non figura o lobo. E, en fin, na Catedral, a lembranza máis verdadeira a xeito de reliquia: Unha tibia, gardada nun brazo de prata, e os corporais que utilizaba para misar. Fóra da Catedral, existe unha imaxe de San Froilán, no altar maior da igrexa parroquial do mesmo nome, única da Diócese con esta advocación. A estatua é obra de Manuel Miranda, do ano 1943. Así mesmo,nesta igrexa, existe unha vidreira moderna na fachada, coa imaxe do Santo. Na parroquia do SagradoCorazón de Lugo hai unha imaxe en pedra do Santo, que procede do campanil dunha capela que houbo nos terreos da inmediata Estación de Renfe. En Santa Maria de Muxa, hai unha obra da autoría de Andrés Rodríguez Calvo, párroco que foi daquela parroquia. Ó parecer no seu momento non foi considerada apta para o culto polo que quedou en Muxa. Dentro do Concello de Lugo, en Santa María Magdalena de Coeses, existe un cadro de San Froilán no altar da capela do Pazo do Pombal. Ocupa a parte esquerda do retablo e foi pintado por Manuel Castinandi (_Esta capela fíxose por orde do Sr. D. José María Gayoso o ano 830, e os seus fermosos cadros pintounos Manuel Castinandi..._) Asi mesmo, en Anllo e Barbadelo hai cadansúa capela coa imaxe do Santo Froilán. En San Esteban de Anllo, do concello de Sober, tratase dunha capela de propiedade particular. En Santiago de Barbadelo, outra propiedade da Igrexa. Catro elementos máis quedan por mencionar para rematar este recorrido iconográfico de San Froilán por Lugo: O cemiterio municipal, o Seminario Maior, unha rúa e unha campá. Seminario e cemiterio lucense levan o mesmo nome: San Froilán. A rúa, está situada nas inmediacións da Igrexa parroquial adicada ó Santo. _A campá en cuestión é a que ainda hoxe co_ecemos co apelativo de Froilana, que se atopa no lado oriental da torre. Pesaba arredor de 1.311 kilos. Ten 141 cm. de diámetro. Púxose en servicio en 1719”. (4) Converso co párroco de Meira que me indica que na igrexa parroquial (antigo mosteiro benedictino) existe unha cadro de San Froilán, actualmente en proceso de restauro. E dúas imaxes, unha delas portando un peixe (con toda certidume, San Atilano), coidándose que a outra é San Froilán. Na man non ten báculo, pero sí o xeito de telo levado. Jesús Guerra Mosquera, no seu libro _San Froilán_, fala dunha imaxe do santo _de vestir, fóra do culto_, e un cadro houbo en tempos - non o dei localizado- na capela do Pazo bispal lucense. Por pura casualide descubro, na mesma capital lucense, unha inscultura de San Froilán, totalmente desco_ecida. Está gravada pola parte posterior do monu-mento a Pelúdez, na praza da Constitución. Pelúdez é un persoaxe imaxinario, vencellado ás festas de san Froilán, que representa ás xentes e ás falas do agro lugués de outrora. Esta referencia ó Santo é pouco máis que anecdótica, pero coido obrigado facela. Por fin -e xa para deixar Galicia- Xesús Mato, crego na monta_a lucense, cóntame que no Seixo, pobo de San Lorenzo de Pacios (Pedrafita), hai unha capela de San Froilán, sen imaxe, onde se fai festa ó Santo. Imos de Lugo hacia Leon, buscando as pegadas de Froilán. Fóra da provincia de Lugo, o primeiro lugar a deterse é Ruitelán, onde existe a Ermida de San Froilán, na que se atopa unha estatua en pedra que o representa. O certo é que esta estatua reflectía ó Papa San Pio V, e estaba situada nunha fonte do claustro do pazo bispal de Lugo. Cambióuselle a tiara por unha mitra, e pasou a representar a San Froilán. A estatua está no alto da ermida, e esta nunha empinada ladeira. Accédese ó templo subindo trinta e nove escalóns. O altar esta vacío; a imaxe que alí había levouse, por seguridade, para a igrexa parroquial. Detrás do altar, a cova onde se di que estivo San Froilán. Está valeira, e nela non se aposenta ningún animal, nin se precisa facer limpeza nunca. Na Igrexa parroquial, imaxe de San Froilán, bendecindo. Acompá_ao o lobo. Na man dereita leva escrito JHS. No altar, á esquerda, talla pequena dun bispo, con báculo. A xente da parroquia acláranos que non é San Froilán, senón que corres-ponde a San Esteban, cos dedos en actitude de bendecir. Julio de Prado recolle a mención a unha lenda que hai na comarca sobre os ratos que roían os alimentos e enseres do Santo. Consérvase na zona, pero con variantes. Na visita a Ruitelán, onde os veci_os me facilitaron o acceso ó interior da igrexa parroquial, unha se_ora contounos unha variante desta lenda, segundo a que eran os coellos os que roían os libros do santo. E que algo debeu pasar, porque na actualidade, segundo dí, non hai coellos na zona de Ruitelán. Algúns supo_en que Froilán foi Se_or destas terras, e que ese se_orío - o mesmo que fixo o Bispo Sisnando - o levou consigo a León. Algunha relación deste tipo puido haber cando perto de Sabero, no norte leonés, ben lonxe das terras lucenses, existe o territorio co_ecido como _Los gallegos_, formado polos pobos de Alexe e Villallantre, e cando os de Sabero van por alí adoitan dicir _Voy hasta Galicia_. Seguimos cami_o a León, porque se os lucenses coidabamos ter abonda representación do noso Santo, León tena e ben notable. Ben é verdade que Froilán en Lugo só estivo de neno ata os 18 anos, idade na que comezou a súa vida pública. E esta vida, axetreada e complicada polas cousas da Fe, viviuna toda en Leon. Xa ás portas da capital leonesa, a primeira lembranza vívese no Santuario da Virgen del Camino. Nel atópase a chamada Porta de San Froilán, un Retablo do Altar (do século XVII), e unha imaxe de gran devoción. Chama a atención a magnífica e orixinal porta feita por Subirachs en 1959. Nela, reflíctense pasaxes da vida do santo: Froilán con Atilano na cova, Catedral, Alfonso o Magno, datas nas que naceu e morreu... Na porta lémbrase ó que foi _esclarecido en milagros, rico en virtudes, San Froilán, obispo de León, ermita_o insigne, modelo de monjes..._ A porta ten chamado - desde o primeiro momento - a atención dos devotos leoneses... E ó pasar xunto a ela as mans - como ás agachadas- pasan por algún dos elementos e acari_an o naris da fermosísima escultura de Froilán. E así mentras a porta presenta un tono metálico escuro, apomazado, brillan como con lus propia a cuncha de peregrino, a cruz (que ven se-lo pomo da porta), e o naris de Froilán. É verdadeiramente chamativa a devoción existente a San Froilán neste santuario, só explicable porque en tempos de rogativas sacaban en procesión a imaxe da Virxe e a Arca de San Froilán. Un romance popular canta: “...a través de luengos a_os han transmitido los siglos el día cinco de octubre, día de San Froilán bendito, de esta Sede de León, hoy Patrón, ayer Obispo...” (7). A mellor representación de Froilán está, lóxicamente, na Catedral leonesa. Alí atopamos unha estatua en pedra, obra atribuída a Juan de Juni, situada no trascoro do templo. Segundo o Director do Museo Catedralicio leonés, a obra aínda que atribuída a Juan de Juni, é de Esteban Jordán, xa que Juan de Juni nunca chegou a traballar na catedral. A Catedral ten adicado ó Santo a portada chamada do Mediodia ou de San Froilán. No alto, un pináculo que remata cunha estatua do Santo en pedra. No tímpano, escenificación do traslado dos seus restos. No altar maior está a obra de Nicolás Francés, do século XV, que reflicte imaxes da vida do Santo, como o miragre das pombas, a entrevista con Alfonso III, e a Consagración bispal de San Froilán e San Atilano... Naturalmente, a xoia da Catedral é o sepulcro en prata coas reliquias, obra de Enrique de Arfe, situado no altar maior. A imaxe máis antiga que se conserva é a situada no parteluz da porta meridional da catedral de León, do s. XIII, que Julio Prado considera _unha das pioneiras en ser colocadas en lugar tan relevante, ata entón reservado só a Cristo e os Apóstolos_. Era costume entón en Francia _colocar a imaxe dos santos patronos nos parteluces das portadas, adoptándose igualmente esta modalidade na nosa Catedral (de León), dada a súa influencia e similitude recibidas das do país veci_o_. (7) Asi mesmo, na Catedral, hai unha vidrieira do século XIII, na capela chamada do Nacimento, e un relevo no coro gótico, do século XV, coa identificación _S.Froy-lanus__ na que aparece con báculo. Acompá_ao o lobo cos libros. Ten expresión serea, como de cansazo. Leva a lenda _Ina/more/jugi/teri_. E a represen-tación máis antiga que se co_ece de San Froilán co lobo. E, por fin, no Museo Diocesano e Catedralicio consérvase unha figura de plata, de comezos do século XIX. Na mesma capital hai cadansúa estatua de San Froilán no Pazo Bispal, na que non aparece o lobo (S.XVII), caso ben raro; e na escalinata do seminario Conciliar (século XIX). Neste Seminario, que leva o nome de San Froilán, existe asi mesmo unha pintura do Santo, na que aparece un vello san Froilán, _sentado na gloria e rodeado de anxos_. E na súa fachada unha talla do presente século. Existe tamén unha imaxe do Santo, na parroquia que leva o seu nome. En Granja de Moreruela, hai unha estatua do século XVII. Procede do antigo mosteiro, e está situada na Igrexa Parroquial. Barroca, amosa un Froilán que sostén na man dereita unha igrexa. Como en Lugo, tamén unha campá da Catedral se chama _Froilana_. Fundírona en 1794 e volveuse a fundir en 1929. É a maior da Diócese de León cun peso de 1.500 kgs. (Case douscentos máis que a de Lugo) e 154 cms. de diámetro. Ten inscrita a lenda de _Sancte Froylane_, polo que é vulgarmente co_ecida como _La Froilana_, deixándose oi-los seus toques únicamente nas grandes solemnidades ou co gallo de destacados acontecementos_ (7). Esta campá ten un son grave e solemne. O mesmo que en Lugo, recibía o nome do Santo o Cementerio antigo, situado na estrada de Asturias. Tamén o Seminario leonés está adicado a San Froilán, como se nas dúas cidades -Lugo e León- quixesen simbolizar na adicación destes centros a espiritua-lidade e sabedoría do noso común padroeiro. A maiores, en León, funciona unha Fundación Piadosa de San Froilán para a financiación de oficios eclesiásticos, e levan o nome do Santo unha Avenida, unha praza, e uns grandes almacéns. Houbo, asi mesmo, un Hospital de San Froilán, que logo foi Instituto, Facultade de Veterinaria e Arquivo Histórico. Fóra xa da capital, en Sahagún, estatua do Santo, esculpida no século XVIII. Na actualidade está no Museo do Mosteiro de monxas benedictinas.A razón da tradición da devoción de San Froilán en Sahagún, é o coidar que o Santo viviu baxo da Regla de San Benito. Outra estatua do século XVIII, existe na igrexa parroquial de Valdepiéla-go (Cóidase que aquí estiveron ou se atoparon Froilán e Atilano antes de subir ó Curcurrino). E unha máis na igrexa de San Xoan de Valderas. Así mesmo existe, cadansúa imaxe en Villanueva del Carnero (alí houbo en tempos festas na honra de San Froilán), Santuario da Virgen de la Velilla (S.XVII), en Vegacerneja, Villaverde de Arriba, Boadilla de Rioseco e Lantadilla de Pisuerga (Palencia). Finalmente, en Valdorría, unha Pena leva o nome do Santo. Nas súas abas está a gruta na que Froilán se acolleu durante a súa etapa de vida de anacoreta. Mención especial merece este lugar, xa que aquí se edificou unha capela na que se gardaba un pequeno arcón, no que se dí se conservaban obxectos que pertenceron ó Santo. Na actualidade, unhas vidreiras completan a súa lembranza. VIVIRÁS POR SEMPRE Remata a viaxe física por Lugo e por León, polas palabras dos entendidos e polas páxinas dos libros que falan de ti, Froilán. E comprobo que - mil cen anos despois - estás vivo. Porque se ninguén morre mentras que alguén o lembra, moitos milleiros de persoas seguen a lembrarse de ti, seguen a manterte vivo na súa lembranza, na túa devoción. Sexa porque un neno recibe o teu nome, e o neno é especial, e tódolos medios de comunicación do País falan de Froilán... Sexa porque as Festas dos pobos que contigo tiveron vencello emparellan o teu nome coa ledicia... Sexa porque devotos fieles á túa historia ou lenda se axionllan diante das túas imaxes a pregar axuda ou agradecer favores... Os habitantes de Ruitelán gardan a túa capela e a túa imaxe co maior dos agarimos. Os estudiosos da túa obra -aínda co_ecendo que moito do que se dí son esaxeracións- namóranse da túa figura, do teu xeito de pasar pola vida. As xentes de León e Lugo dispútanse -sen decilo- a túa pertenza como veci_o esgrevio... E eu remato vencido polo teu peso, pola túa presencia, pola túa influencia a través do tempo, declarándote actual, presente, vivo, por estalo en todos nós, coas palabras coas que rematan as súas intervencións os pregoeiros das festas do San Froilán lucense: ¡Viva San Froilán!. (Eu sei que vivirás por sempre). Bibliografía "EL LIBRO DE LOS SANTOS_ (Andrés Pardo-José Antulo) "1.000 NOMES GALEGOS_ _DOS MIL NOMBRES GALLEGOS__(Francisco Lanza Álvarez) _LUGO Y SUS HOMBRES__(Salvador Castro Freire). _DICCIONARIO DE NOMES GALEGOS_. Dtor.: Xesús Ferro Ruibal.Vigo,1992. "DICCIONARIO DE Hª ECLESIÁSTICA DE ESPA_A__(Dtor. Quintín Aldea Vaquero) "LOS NOMBRES DE PILA ESPA_OLES__(Consuelo García Gallarín) “DICCIONARIO DE LOS SANTOS DE TODOS LOS DÍAS” (Dom Philippe Rouillard) ENCICLOPEDIA ESPASA-CALPE "LOS PATRONOS DE ZAMORA, SAN ILDEFONSO Y SAN ATILANO_ (Vicente Bécares Botas). Zamora, 1990. _SAN ILDEFONSO Y SAN ATILANO. V CENTENARIO DE LA ELEVACIÓN DE LOS CUERPOS SANTOS” (Zamora, 1996). "EL ASÍ LLAMADO “SEPULCRO DE SANTA FROILA_ DE LA CATEDRAL LUCENSE” (Jaime Delgado Gómez). _RELIQUIAS DE LA IGLESIA DE LEON__(Juan Eloy Díaz-Jiménez) León, 1901. _SAN FROILÁN_. Logos (Fr.Gumersindo Placer) (1) _SANGOS GALLEGOS_ (Cesáreo Gil Atrio). (2) _HISTORIAS LUCENSES__(Amador Vázquez Valcárcel) (3) _EPISCOPOLOGIO LUCENSE__(Antonio Gª Conde-Amador López Valcarcel) (4) _SAN FROILÁN_ (A.López Peláez) (5). _SAN FROILÁN, OBISPO DE LEON_. Hispania Sacra (José M_ Canal Sánchez-Pagín) (6) "SIGUIENDO LAS HUELLAS DE SAN FROILÁN__(Julio de Prado Reyero) (7) _ZAMORA ILUSTRADA__(Urcisino Alvarez Martínez) _CULTO A SAN FROILÁN__(Amador Vázquez Valcárcel).El Progreso, Lugo- 1998. _GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA__(Alberto Vilanova) _SAN FROILÁN__(Xoán Diácono) _SAN FROILÁN__(Adolfo de Abel Vilela) _SAN FROILÁN_ (Jesús Guerra Mosquera) - Conversas don Amador Vázquez Valcarcel, Julio de Prado Reyero, Máximo Gómez Rascón e tantos outros, que foron proporcionándome elementos para este traballo. Notas: * Os números -1- ó -7-, que se indican na Bibliografía, corresponden ás mencións que se efectuaron no texto. * Diversas mencións de autores (P. Croiset, Mariana, Lobera, Risco, Pallares, Castro Freire, Aldea Baquero, J.González, Riva, N. Pinferrer, Villegas, Yepes, Quintana Prieto, García Gallarín, Philippe Rouillard, Flores, García Villada, I. Flores de Lemus, Francisco Tarasa, Sanmartín Sastre, Cavestani, Pérez de Urbel, B. De la Peña, Tamayo Salazar, Ferrario, Murguía, Vázquez Saco, Angel Manrique, Posadilla, Portabales, Peinado...) non aparecen na Bibliografía, debido a que estas informacións aparecen en outros libros, como no de Cesáreo Gil Atrio (_Santos Gallegos_), Amador Vázquez Valcárcel (_Historias Lucenses_), A.López Pe-laez (_San Froilán_), ou Julio de Prado Reyero (_Siguiendo las huellas de San Froilán”). O autor quere deixar constancia do seu agradecemento a D. AMADOR LÓPEZ VALCARCEL e D. JULIO DE PRADO REYERO, que -en Lugo e León, respectivamente - son os que máis co_ecen e queren a SAN FROILÁN. |

