Concertos no San Froilán

4 de outubro ás 22:00 horas na Praza nova de Ramón Ferreiro
Rosario abre os concertos das festas de San Froilán co son rumbero e o flamenco do seu novo disco "Contigo me voy". Neste novo disco a cantante inspírase nas últimas experiencias vitais que marcaron profundamente a súa arte.
+ info: www.rosarioflores.info
PABLO MILANÉS
5 de outubro ás 20:00 horas na Praza de Santa María
O cantautor cubano achega a Lugo a poesía intimista do seu último traballo "Como un campo de maíz" no que predominan os ritmos do son tradicional cubano e as guajiras.
Neste disco cheo de lirismo, Pablo Milanés, revisiona creacións súas de xuventude que mestura con novas composicións. Nunha das cancións ponlle música a un poema de Pablo Neruda.
+ info: www.trovacub.com/pablo
LOQUILLO Y LOS TROGLODITAS
5 de outubro ás 22:30 horas no escenario da Praza do Seminario
Loquillo y los Trogloditas presentan o espectáculo "Hermanos de sangre". O seu rock potente fará vibrar ao público e a abraiante escenografía acolle os novos himnos do mítico grupo.
+ info: www.loquillo.com
LOS SABANDEÑOS
6 de outubro ás 20:00 horas na praza de Santa María
Esta formación antológica vén ponerlle o punto máis cálido ao San Froilán cos seus ritmos melodiosos. O bolero, xunto ao cancioneiro tradicional latinoamericano e o folclore canario, configuran un estilo inconfundible que será a ledicia do público.
+ info: www.sabanda.org
X ALFONSO
6 de outubro ás 22:00 horas na carpa do Seminario
X Alfonso é un artista total (cantante, compositor, músico, vídeo-artista...) que vén presentar a súa creación titulada "Civilización".
Premiado nos Goya 2006 pola súa colaboración na autoría da BSO da película Habana Blues.
É o último revolucionario do panorama musical cubano pois incorpora aos ritmos máis tradicionais o sonido máis actual do hip-hop, o jungle ou o latin house.
+ info: www.stageplanet.net
LOS LUNNIS
7 de outubro ás 13:00 horas na carpa do Seminario
Dende o lonxano planeta Luna Lunera chegan ás festas do San Foilán Lucho, Lulila, Lupita, Lublu, Lula, Lulo e Lubina...
Os nosos amigos, Los Lunnis, veñen presentar aos máis pequenos un espectáculo cheo de música, bailes e diversión.
+ info: www.rtve.es/tve/b/loslunnis/
SUSANA SEIVANE
8 de outubro ás 20:00 horas na Praza de Santa María
Susana Seivane vai mostrar o seu terceiro traballo titulado "Mares de tempo" suxerente título extraído da obra Longa noite de pedra do poeta Celso Emilio Ferreiro.
O tradicional sonido da gaita é mesturado con modernos arranxos que constrúen unha melodía novidosa e arriscada.
+ info: www.susanaseivane.net
HUECCO
8 de outubro ás 22:30 horas na carpa do Seminario
Huecco achega ao San Froilán o seu primeiro traballo Pa' mi guerrera, que é un caleidoscopio de sensacións obtidas coa mestura máis canalla de rumba, mambo e pop cos ritmos tropicais máis actuais e puntos de hip-hop, punk e ska.
+ info: www.huecco.com
FALETE
9 de outubro ás 20:30 horas na Praza de Santa María
O novo disco de Falete "Puta mentira" achega a Lugo a copla máis pura e desgarrada. Letras cargadas de sensualidade mesturadas cos ritmos suaves da rumbita e das bulerías máis elegantes deleitarán ao público máis exixente.
+ info: www.falete.com
IAN, KIMURU e JOSELE SANTIAGO
9 de outubro ás 21:30 horas no patio do edificio administrativo do Concello (Seminario)
Nesta actuación a tres bandas actúan os grupos lucenses Ian e Kimuru xunto a Josele Santiago, o ex-líder de Los Enemigos, que presentará en Lugo o seu último traballo, "Garabatos", cheo de luz e ledicia, e de letras persoais que son unha reflexión ante a vida cun fondo sentido do humor.
+ info: www.joselesantiago.es
NAJWA NIMRI
10 de outubro ás 21:30 horas na praza de Santa María
A suxerente voz desta polifacética artista chega ao San Froilán para presentar o seu traballo Walkabout, que como novidade incorpora o acompañamento da guitarra acústica. O son rasgado da corda misturase co minimalismo dos ritmos electrónicos para concebir unhas cancións de tono máis íntimo e cotiá.
+ info: www.najwa.inf
NENA DACONTE
11 de outubro ás 20:00 horas na Praza de Santa María
Nena Daconte é a aposta de dous xoves artistas afincados en Barcelona, que tras xirar durante máis dun ano polos circuitos de clubes do país, deciden dar forma ás súas cancións nun traballo discográfico titulado He perdido los zapatos, co que se presentan ante o público.
Composicións cortas, fráxiles, sinceras e directas; soando á primeira, baixo unha sonoridade moi básica e con algún que outro guiño alternativo, sen por elo escapar do pop nacional máis clásico.
+ info: www.nenadaconte.com
OJOS DE BRUJO
11 de outubro ás 21:30 horas na praza nova de Ramón Ferreiro
Dende Barcelona chega o ritmo canalla da "rumba callejera" do grupo Ojos de Brujo. O seu terceiro disco titulado "Techarí", é unha celebración á sensualidade e á liberdade. Rumba, flamenco e experimentación sonora dan como resultado un sonido libre e contaxioso que é unha festa de tódolos ritmos.
+ info: www.ojosdebrujo.com
LAMATUMBÁ
11 de outubro ás 00:30 horas na Praza de Santa María
LAMATUMBÁ, patroneados polo espíritu de Cuco de Velle, é unha das propostas máis frescas e irreverentes do actual panorama musical galego. Unha mestura orixinal de reggae, samba, rumba e rock que sorprende polo seu carácter propio.
LUME (para que saia o sol) é un disco sincero e moi persoal que arrecende a mares tropicais e a rías galegas. Que desprende o aroma dun día de festa maior, cando sonan as charangas, aló polo lusco e fusco...
+ info: www.lamatumba.com
ISMAËL LÔ
12 de outubro ás 20:00 horas na Praza de Santa María
Este cantautor senegalés coñecido como o Bob Dylan africano atrapará ao público co magnetismo da súa voz e as vibrantes melodías que son a mestura perfecta entre as melodías tradicionais africanas, como as mandingas ou os ritmos mbalax, cos acordes do pop occidental.
A súa canción "Tajabone" forma parte da memoria colectiva pola película "Todo sobre mi madre" de Pedro Almodóvar. O seu último traballo, "Dabah" , es el décimo disco que publica.
+ info: www.okapi.es
BARRICADA
12 de outubro ás 22:30 horas
Regresa a nosa cidade o rock máis potente da man de Barricada. O seu último traballo Latidos y mordiscos fará vibrar ao público cun rock electrizante e de alta intensidade.
+ info: www.barricada.com.es
![]() | ![]() |


